Páginas del blog Ría de Ribadeo

lunes, 31 de mayo de 2010

Píllara das dunas - Noia

A pasada fin de semana estiven en Portosín na boda do meu amigo Rafa. Ademáis de todo o que supón un casamento (festa, amigos, comilonas...) tamén se lle pode sacar partido en clave natural, se un busca o momento. Uns días antes da voda lín esta entrada no blog de Amadeo Pombo: http://avesdebaldaio.blogspot.com/2010/04/una-oportunidad-para-los-chorlitejos.html

Así que con esta información privilexiada, esperaba poder ter a oportunidade de escaparme algún momento á praia de Testal, en Noia, e ver se tiña sorte e podía ver a píllara das dunas. O momento apareceu e co meu amigo Rodrigo fun ata a praia. O primeiro que vimos foi a zona balizada para protexer os niños.





Despois non nos resultou difícil descubrir as esquivas píllaras, a pesar do seu pequeno tamaño e rapidísimos movementos sobre as dunas. Estas fotos saqueinas directamente coa cámara ó máximo zoom, sen o telescopio, que non o levaba.


Píllara das dunas - Charadrius alexandrinus - Chorlitejo patinegro


O que non poidemos ver foron as crías nos niños, que estaban baleiros, pero con certeza estarían agochadas nalgún lugar entre as plantas e a area. Non quixemos molestar e por iso non pasamos dunha certa distancia de seguridade para que as aves non se sentiran ameazadas.


De entre todas as fotos que saquei durante a fin de semana colgo tamén estas dúas dunhas gaivotas patiamarelas nuns penedos do Castro de Baroña, e uns nenúfares no lago do Pazo do Tambre.





viernes, 21 de mayo de 2010

Citas

Algunas citas recientes:

Milvus migrans - milano negro - miñato queimado / millafre negro
Arenaria interpres – vuelvepiedras - virapedras / píllara riscada
Haematopus ostralegus - ostrero Euroasiático - lampareiro / gabita
Platalea leucorodia – espátula - cullereiro
limosa lapponica - aguja colipinta - mazarico rubio / mazarico rabipinto
Numenius phaeopus - zarapito Trinador - mazarico chiador
Calidris alba - correlimos tridáctilo - pilro tridáctilo / pilro bulebule
Acrocephalus schoenobaenus - carricerín común - fulepa das xunqueiras
Riparia riparia - avión zapador - andoriña das barreiras

24/04/2010
Milvus migrans: 1 ave volando sobre la bocana

5/05/2010
Arenaria interpres: 1 ave en Salías

6/05/2010
Haematopus ostralegus: 2 aves en Salías
Platalea leucorodia: sigue en La Linera el ave invernante, anillada en Holanda.
Limosa lapponica: 21 aves en la Playa de Penarronda, 2 aves en una finca labrada de Villadún y 1 ave en Salías
Numenius phaeopus: 5 aves en la Playa de Penarronda
Calidris alba: 63 aves en la Playa de Penarronda.
Acrocephalus schoenobaenus: 1 ave cantando insistentemente durante toda la mañana en unos sauces de la charca del área recreativa de Arnao.
Riparia riparia: 1 ave sobrevuela la charca del área recreativa de Arnao.

Fuente: Coaciosforu (Foro de la Coordinadora Ornitolóxica d´Asturies)
Observador: Pablo Fernández

martes, 18 de mayo de 2010

Ponte das Letras Galegas 2010

Na ponte das letras galegas fixen unha escapada a Ribadeo e aproveitei para estrear o meu novo telescopio e acoplarlle a cámara para facer as miñas primeiras probas de digiscoping. Colgo unha relación das especies vistas e algunhas fotos.


golondrina - hirundo rustica - andoriña / anduriña
curruca capirotada - sylvia atricapilla - papuxa das amoras (lagoa de Arnao)
lavandera boyera – motacilla flava - lavandeira marela / lavandeira verdeal (charca de Penarronda)
gallineta - gallinula chloropus - galiña de río / galiñola (lagoa de Arnao)
gaviota patiamarilla - larus michahellis - gaivota patiamarela
espátula -platalea leucorodia -cullereiro (Liñeira, Ría de Ribadeo)
cormorán moñudo - phalacrocorax aristotelis - corvo mariño cristado (illas Pantorgas)



Praia de Penarronda



Gaivotas



Nidada de corvo mariño cristado (illas Pantorgas, Asturias, moi perto da ría de Ribadeo)

Por último colgo este video dunha parella de espátulas na Ría de Ribadeo.

video