Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 19 de agosto de 2022

Ría de Ribadeo - Aves en verano

 


O verano non é a mellor época para a observación de aves na ría. Pero aínda así, sempre hai cousas que ver. Traio hoxe unhas observacións realizadas o pasado día 4 de agosto. O máis destacado era a presenza de catorce cullereiros (Platalea leucorodia). Non é habitual velos na ría nestas datas, pero tampouco é a primeira vez.


Tamén me chamou a atención esta gaivota morta nos penedos de Salías. Poden ser moitas as causas da súa morte, pero pareceume raro que morrera aí. Non me extranaría nada que fora a causa da gripe aviar, que está xa moi estendida entre moitas poboacións de aves.




Continuando coas especies observadas, aquí van algunhas cifras:

Lavanco / Anas platyrynchos / Ánade real -  +200

Mazarico real / Numenius arquata / Zarapito real - 80

Garza real / Ardea cinerea / Garza real -20

Garzota / Egretta garzetta / Garceta común - 14

Corvo mariño / Phalacrocorax carbo / Cormorán grande - 10

Gaivota patiamarela / Larus michaellis / Gaviota patiamarilla - x

Gaivota escura / Larus fuscus / Gaviota sombría - x

Gaivota chorona / Chroicocephalus ridibundus / Gaviota reidora - x


Mencionar tamén que este día non estaba aínda a querida Panchita. Por moito que busquei, non a vin por ningún lado. Pero só uns días máis tarde, o 8 de agosto, viuna Carlos Sanjurjo. Así que tras superar unha nova tempada de cría, coas súas correspondentes viaxes de ida e volta, terémola na Ría de Ribadeo por decimosegundo ano consecutivo. Xa se nos vai facendo maior... 

Panchita. Foto de arquivo


Saudos e ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com