tag:blogger.com,1999:blog-362938986799915479.post7059790772202329635..comments2024-03-25T22:04:48.834+01:00Comments on Ría de Ribadeo: Charca de Rinlo: Anas querquedula, Locustella naevia, etc.Enrique Sampedro Mirandahttp://www.blogger.com/profile/07222703994778605893noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-362938986799915479.post-2125839985937485962014-04-19T21:52:31.710+02:002014-04-19T21:52:31.710+02:00Estaremos atentos á folosa. En canto á nomenclatur...Estaremos atentos á folosa. En canto á nomenclatura, é a historia de sempre, os nomes son para chamarlle dunha forma común entre tódolos que falamos a mesma lingua (sexa galego, español ou a que sexa). Pero daí a que nos gusten ou que sexan como lle chamamos nós... Mira tamén cómo a SEO non fai máis que cambiar nomes en cada nova revisión da lista das aves de España. E nós aquí en Galicia, pois aínda peor, porque o nome pode cambiar xa non digo nin dunha comarca a outra, senon en ocasións dunha aldea a outra. Eu, cando sei o nome que se lle da en Ribadeo en galego a unha ave, é o que emprego. Pero por desgracia son poucos casos, así que tamén me baso na lista de Conde Teira así coma na Guía das Aves de Galicia, que ás veces difiren, e emprego un ou outro (ou os dous).<br />Unha aperta Xabi.Enrique Sampedro Mirandahttps://www.blogger.com/profile/07222703994778605893noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-362938986799915479.post-12302267435877429262014-04-19T12:42:18.792+02:002014-04-19T12:42:18.792+02:00Ribadeo está dentro da área de distribución da Fol...Ribadeo está dentro da área de distribución da Folosa, Quique, pero ollo que tamén pode ser un exemplar en paso. Se nuns días segue polo mesmo sitio "no hay tu tía". Controládeme esas folosas que a cousa está moi mal. Nunha entrada próxima xa vos contorei, pero igual volveu a pasar algo parecido ao de 2012 co niño de Tarza. Espero equivocarme...<br />Por certo o pé de foto do "Pilro patirrubio" está mal.<br />Unha aperta<br />PD: Levo trinta anos vendo os cambios da nomenclatura para a avifauna galega. Eu emprego básicamente a de Miguel Conde, con algunha modificación. No caso de T.totanus, non entendo por qué non se pode chamar, simplemente, "Bilurico común". Porque o de "patirrubio", aparte de non ser moi científico, xa que o T.erytrhopus tenas bastante máis "rubias", pode levar a confusión coa outra especie. Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/00398684974915158611noreply@blogger.com