Páginas del blog Ría de Ribadeo

domingo, 8 de abril de 2018

Costeando




A pasada fin de semana saín dar unha volta pola costa de Ribadeo. O día estaba bastante tranquilo, e non observei nada de especial interese. As aves típicas da costa nesta época. O máis abondante os mazcatos (Alcatraz / Morus bassanus / Mascato) por todas partes, cos seus característicos picados para pescar. E bandos de gaivotas descansando e alimentándose nos prados.





Os pequenos paseriformes andan moi activos iniciando a época reproductora. Como este liñaceiro (Pardillo / Carduelis cannabina), xa coas cores ben marcadas.




A charca de Rinlo está con moita auga, debido ás abondantes choivas deste inverno. Isto é bo para poder observar alí bandos de gaivotas, así como anátidas. Pero malo para limícolas, por exemplo, que prefiren menos auga. Deste xeito, só observei gaivotas, lavancos (Ánade real / Anas platyrhynchos) e galiñolas (Gallineta / Gallinula chloropus).





Polos penedos costeiros, ademáis dos sempre presentes corvos mariños cristados (Cormorán moñudo / Phalacrocorax aristotelis) e corvos mariños grandes (Cormorán / Phalacrocorax carbo), o único que vin este día foi este pequeno grupo de lampareiros (Ostrero / Haematopus ostralegus / Gabita).







E con isto pecho a entrada. Ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com