Páginas del blog Ría de Ribadeo

domingo, 28 de noviembre de 2021

Actualización invernada Ría de Ribadeo: 20-Nov

 


De novo por Ribadeo, traio a actualización de cómo vai a invernada pola ría. Son datos dunha saída o día 20 de novembro. Ese fin de semana podía tamén achegarme a Cabo Peñas para velo famoso búho nival, que é a sensación destes días no mundiño ornitolóxico. Trátase dunha auténtica megarrareza, da que se fixeron eco ata os medios de comunicación xeneralistas. A menos de hora e media de Ribadeo, e nun fin de semana cunhas condicións climatolóxicas estupendas, a ocasión era perfecta. Pero qué queredes que vos diga, non tiña un especial interese en ir. Téñoo máis que visto nas redes sociais estes días, e a mín persoalente non me motivaba desprazarme para poder fotografalo. Ainda que respeito a quen o fai, por suposoto, non vexo nada malo nelo... Pero a onde iba, que eu preferín quedarme en Ribadeo e sair pola ría para observar e contar o que hai por aquí.

 


E isto foi o que vin, e o que puiden contar ese día. Importante isto último, xa que moitas veces non se consegue ver ou contar todo o que hai nun lugar. E sabes que hai máis bichos que se che están escapando por estaren nalgún sitio que non alcanzas ver, ou non ves ben.

Castellano / Nombre científico / Galego Conteo
Ánsar piquicorto / Anser brachyrhynchus / Ganso biquicurto 1
Ánade silbón / Mareca penelope / Pato asubiador
308
Ánade friso / Mareca strepera / Pato frisado 4
Cerceta / Anas crecca / Cerceta 50
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco 210
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo 155
Negrón / Melanitta nigra / Pentumeiro 1
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño 44
Garcilla bueyera / Bubulcus ibis / Garza boieira
101
Garceta / Egretta garzetta / Garzota 29
Garza real / Ardea cinerea / Garza real 40
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro 32
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora 2
Ostrero / Haematopus ostralegus / Lampareiro ou gabita 8
Chorlito gris / Pluvialis squatarola / Píllara cincenta 6
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común 155
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real 50
Archibebe común / Tringa totanus / Bilurico común 8
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde 19
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas 10
Aguja colinegra / Limosa limosa / Mazarico rabinegro 9
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona x
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura x
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela 145
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón 5
Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe
1




Por deixar algún comentario máis a parte dos números, dicir que a cousa está parecida a como estaba quince días atrás (ver entrada). Segue o ganso bicocurto. Nesta foto podédelo ver no tesón coas gaivotas, en baixamar pola mañá. Mentres que pola tarde estaba mesturado coas anátidas na zona do Puntal, xa coa preamar.


Falando de anátidas, as cifras son moi parecidas ás da última visita, como podedes comprobar. Tamén as das limícolas, aínda que éstas lixeiramente superiores en varias especies. Os cullereiros sen embargo baixaron algo con respecto a aquela data. E a especie que máis incremetou foi a garza boieira, xa que había varios grupos delas descansando sobre embarcacións.

 

Moitas garzotas tamén optaron por facer o mesmo que as boieiras. Mentres que outras preferiron o dique da mariña seca de Ribadeo, xunto a gaivotas e gaivotóns.








Isto é todo por hoxe. Saúdos e ata a próxima.


 

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

domingo, 14 de noviembre de 2021

As aves invernantes comezan a encher a ría

Pouco a pouco a ría vai aumentando o número e variedade de especies de aves coa chegada das invernantes. Aínda non tódalas aves que se poden ver agora na ría son invernantes, xa que algunhas están de paso, e recalan no noso estuario para alimentarse e descansar. Pero moitas das que se ven sí que ficarán definitivamente na ría a invernar.

 


 

Antes de poñer o listado completo de observacións (feitas nos días 6 e 8 de novembro), comentar algunhas cousas destacadas. Como a presenza, xa citada con anterioridade, dun exemplar de ganso bicocurto (Anser brachyrhynchus).

 



En canto ás anátidas, están xa presentes tódalas especies normalmente invernantes: rabilongos, asubiadores, cercetas, frisados, lavancos e ata un pentumeiro. Destacar o número de 150 rabilongos, que de confirmarse que todos eles se quedan a invernar, subiría un pouco os rexistros respecto ós últimos dous anos, con cifras alarmantemente baixas.



Pentumeiro (Melanitta nigra)

Tamén destacable o elevado número de cullereiros, 44. Suporía o record histórico para esta especie como invernante na nosa ría, se todos se quedan. Hai entre eles varios anelados (ver entrada).

 





No que respecta ás limícolas, o máis abundante os pilros comúns, coma sempre, acompañados en menores números por mazaricos reais, biluricos claros, comúns, mazaricos rabinegros...





Aquí vai o listado de especies observadas coas cifras do que puiden ver:


Castellano / Nome científico / Galego Conteo
Ánsar piquicorto / Anser brachyrhynchus / Ganso biquicurto 1
Ánade silbón / Mareca penelope / Asubiador - pato asubión 226
Ánade friso / Mareca strepera / Pato frisado 6
Cerceta / Anas crecca / Cerceta 48
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco 500+
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo 150
Negrón / Melanitta nigra / Pentumeiro 1
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño 40
Garcilla bueyera / Bubulcus ibis / Garza boieira - garza mediana 1
Garceta / Egretta garzetta / Garzota 29
Garza real / Ardea cinerea / Garza real 30
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro 44
Aguilucho lagunero / Circus aeruginosus / Tartaraña das xunqueiras 1
Ratonero / Buteo buteo / Miñato 1
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora 2
Cernícalo / Falco tinnunculus / Lagarteiro 1
Ostrero / Haematopus ostralegus / Lampareiro (galego local) - gabita 11
Chorlitejo grande / Charadrius hiaticula / Píllara real 2
Chorlito gris / Pluvialis squatarola / Píllara cincenta 6
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico 120
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real 54
Archibebe común / Tringa totanus / Bilurico común 2
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde 22
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas 6
Aguja colinegra / Limosa limosa / Mazarico rabinegro 2
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona X
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura X
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela X
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón X
Charrán patinegro / Thalasseus sandvicensis / Carrán cristado 1
Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe - martiño peixeiro 1


Panchita


Como podedes apreciar nas fotos, os dous días que saín pola ría foron ben diferentes. O primeiro un día solleiro e con moita luz, ideal para a identificación das aves. Pola contra, o día 8 estivo un día típico da Mariña, co ceo toldado durante toda a xornada por mor das nubes baixas retidas na costa. Aínda así, neste segundo día puiden observar especies que non vira no primeiro. Como sabedes, as mareas influen moito na observación de aves nas rías galegas. Polo que convén poder visitalas en diferentes momentos da marea, para localizar mellor determinadas especies en función dos seus hábitos, e da propia xeografía de cada ría.

 



Así pois, a cousa comeza a animarse na ría. Na próxima saída que faga compartirei de novo as miñas observacións, e poderemos comprobar cómo vai a invernada.



Saúdos e ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com