Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 26 de abril de 2019

Calma na Ría de Ribadeo

Como todos sabedes este ano a Semana Santa caracterizouse en Galicia por un tempo anticiclónio máis propio do verano que desta época, na que case sempre soe chover e facer "mal tempo". Desta vez parece que se cambiaron as tornas, e mentres que na maioría da península as choivas e tormentas marcaron as vacacións da xente que se desprazou a esas zonas, en Galicia tivemos un tempo seco e solleiro coma poucas veces.



E si a cousa estaba tranquila en canto ó climatolóxico, tamén o estaba no ornitolóxico. Así, nunha ruta que fixen o domingo polo entorno da ría, apenas puiden observar, como máis destacado, un grupo de 17 mazaricos chiadores (Numenius phaeopus) nos penedos de Salías.





Nos penedos había tamén unha solitaria píllara real (Charadrius hiaticula), e na beira da praia un bilurico claro (Tringa nebularia) e un par de biluricos bailóns (Actitis hypoleucos).




Xa desde Castropol puiden ver tamén, xunto con varios corvos mariños (Phalacrocorax carbo), dous cullereiros (Platalea leucorodia).



E isto é todo, xa que a parte de gaivotas, non puiden ver nada máis. Achegeime ata o Muro de Lamas, pensando que coa preamar podería ver máis limícolas que soen descansar alí. Pero as mareas eran tan vivas estos días, que os lugares nos que soen poñerse nesta zona estaba cubertos pola auga. Así que si estaban noutras zonas, non os localicei.

A ver cómo está a cousa a seguinte vez que saia pola ría. Perdede coidado, que aquí volo contarei. Pero antes, con certeza, traereivos o relato dangunha que outra saída polo centro peninsular. Estade atentos, porque a próxima pode ser nun lugar moi especial ó que adoito ir case tódolos anos. Máis información, aquí mesmo, moi pronto...

Saúdos e ata a próxima.


Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com