Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 23 de octubre de 2024

Pilro de Bonaparte na ría

O pasado 13 de outubro a ría estaba moi animada. A estrela desas datas foi sen dúbida a presenza dun pilro de Bonaparte (correlimos culiblanco / Calidris fuscicollis). Eu entereime ese mesmo día, ó chegar a Salías, xa que me atopei alí con Pablo Miki e Jilberto Sánchez, que estaban acompañando a un grupo da SEO, e contáronme que andaba por alí. Así que me puxen a buscalo entre un bando de píllaras reais e pilros comúns, ata que o localicei.



Trátase dunha rareza, posto que é unha especie que cría no ártico canadiense, e migra ó sur do continente americano para pasar alí o inverno. Sen embargo, de vez en cando aparece algún exemplar divagante nas costas europeas, como foi o caso deste que chegou ata a Ría de de Ribadeo.

Pero como dicía ó principio, a ría estaba moi animada, non só polo pilro de Bonaparte. Aquí vos deixo algunas fotos, e o listado de especies, con algunhas cifras aproximadas.









Castellano / Nombre científico / Galego

Ánade silbón / Mareca penelope / Asubiador - pato asubión - 4

Cerceta / Anas crecca / Cerceta - 7

Ánade azulón / Anas platyrhynchos / Lavanco - 80

Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo - 4

Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño

Garceta común / Egretta garzeta / Garzota - 10

Garza real / Ardea cinerea / Garza real - 8

Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro - 16

Ratonero / Buteo buteo / Miñato - 2

Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora - 1

Cernícalo / Falco tinnunculus / Lagarteiro - 1

Chorlitejo grande / Charadrius hiaticula / Píllara real - 60

Correlimos culiblanco / Calidris fuscicollis / Pilro de Bonaparte - 1

Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico - 30

Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador - 8

Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real - 10

Combatiente / Calidris pugnax / Liorteiro - 1

Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro - 6

Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - bilurico bailón - 4

Aguja colipinta / Limosa lapponica / Mazarico rubio - mazarico rabipinto - 2

Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona

Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela

Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe - martiño peixeiro - 2







Con esta postal do solleiro día que tivemos o 13 de outubro na ría, pecho a entrada. 

Saúdos e ata a próxima.


Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com