Páginas del blog Ría de Ribadeo

jueves, 12 de agosto de 2010

Pato branco / tadorna tadorna / tarro blanco

Entre as especies que puiden identificar hoxe nunha volta que din pola ría, destaca a presenza dun exemplar xuvenil de pato branco (nom. científico: tadorna tadorna; castelán: tarro blanco) alimentándose no intermareal da ría, no Muro das Lamas, moi perto xa da xunqueira. Tireille algunhas fotos de digiscoping que espero colgar pronto (agora mesmo non podo por “cuestións técnicas”). É unha especie que estou acostumado a ver nas miñas visitas a humidais interiores da meseta, como Villafáfila ou Fuentes de Nava, pero que constitue a miña primeira observación na ría de Ribadeo. De feito, existen poucas citas publicadas desta especie na ría, polo que considero apropiada a súa referencia destacada nesta entrada do blog.

Ademáis do pato branco, outras observacións destacadas de hoxe foron:
- picapeixe (alcedo athis; martín pescador): 1 ex. pousado sobre unhas rochas na enseada da Liñeira
- cullereiro (platalea leucorodia; espátula): seguen os 4 ex. na ría, hoxe alimentándose perto das plantacións de ostras entre Castropol e Figueiras. Un dos ex. está anelado na pata esquerda cunha anela de plástico de cor amarela e na dereita con anelas branca e vermella
- mazarico rabinegro (limosa limosa; aguja colinegra): 4 ex. no Muro das Lamas

- píllara dourada (pluvialis apricaria; chorlito dorado): varios ex. no Muro das Lamas

1 comentario:

  1. Bos días, Quique:
    O Pato branco é un visitante escaso pero regular nos pasos en Ortigueira (Maio e Agosto, básicamente). Quizá se os buscas nestas datas a partir de agora, has volver a velos por ahí tamén.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar