Onte saín pola costa de Ribadeo botar unha ollada ás aves mariñas que nesta época están de paso. Había moito vento do nordés, e ornitolóxicamente falando a xornada foi pouco fructífera. Por exemplo, non vin rastro de mascatos (morus bassanus) nin outras aves peláxicas habituais destas datas. Apenas vin un par de corvos mariños cristados, como este que estaba pousado na Pena do Corvo, e só unha pardela escura (puffinus griseus) en paso, a parte dos habituais passeriformes nas toxeiras da zona.
Corvo mariño cristado - Phalacrocorax aristotelis |
Corvo mariño cristado - Phalacrocorax aristotelis |
Velaquí as escasas especies que observei:
cormorán moñudo / phalacrocorax aristotelis / corvo mariño cristado
pardela sombría / puffinus griseus / pardela escura
gaviota patiamarilla / larus michahellis / gaivota patiamarela
pardillo / carduelis cannabina / liñaceiro
tarabilla / saxicola torquatus / chasco
Pena do Corvo - Ribadeo |
Pena do Corvo - Ribadeo Imágenes y texto propiedad de: Enrique Sampedro Miranda Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com |
No hay comentarios:
Publicar un comentario