Páginas del blog Ría de Ribadeo

lunes, 10 de septiembre de 2012

Regresa a aguia pescadora á ría de Ribadeo

Xa está de volta a aguia pescadora (pandion haliaetus) invernante na ría de Ribadeo. As últimas novas feitas públicas por FAPAS indicaban que a finais de agosto o exemplar emprendera a súa viaxe migratoria, abandoando a zona de Orleans (Francia) na que estivo pasando estes últimos meses. A confirmación de que o exemplar anelado co número 82 estaba migrando chegou coa súa detección por parte dun ornitólogo francés, Olivier Simon, que lle sacou esta fantástica fotografía o día 23 de agosto a uns 160 km. cara ó Oeste dos bosques de Orleans.

Imaxe tomada por Olivier Simon o 23 de agosto cerca de Chapelle aux Naux (Francia)

Así pois, e postos sobre aviso de que o exemplar estaba realizando a súa viaxe cara aquí, nos últimos días de agosto estivemos pendentes de ver si a localizábamos na ría. Rematado o mes eu tiven que irme de Ribadeo sen conseguilo, pero fai uns días o amigo Pablo García González por fin a localizou. Concretamente, a mañá do día 7 de setembro sacoulle esta foto, que confirma que a nosa amiga puido finalizar con éxito a súa viaxe, e un inverno máis poderemos desfrutar da súa presenza no noso estuario. 


Aguia pescadora na ría de Ribadeo o 7/09/2012. Fotografía: Pablo García González.




Aproveito para darlle as gracias de novo desde aquí a Pablo, pola información e as fotos que me manda. Gracias a él podo traer máis contidos e imaxes da ría e a súa avifauna ó blog, posto que como sabedes, son un residente "temporal" en Ribadeo, e non podo estar por aí todo o que me gustaría.

Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

6 comentarios:

  1. Ben, coa desaparición das nosas carballeiras perdimos a caída da folla que tan ben representaba a chegada do Outono. Pero mira tí, agora temos a crecida da lagoa da Frouxeira, a Águia pescadora máis polémica do mundo mundial,...
    Ya es Otoño en el Corte inglés.
    Por certo, "Ría de Ribadeo" debe ser o único blogue naturalista con director e corresponal (vaia nivel, Quique!)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bueno home, non sexas tan catastrofista, que algunha carballeira aínda queda ;)
      E sí, o de ter corresponsal é todo un luxo, xa ves. Pois aínda teño outra boa entrada pendente para os próximos días, dunha cita incrible deste mesmo rapaz. Xa veredes...
      Unha aperta Xabi.

      Eliminar
  2. JAJAJA¡TEIS UNS AMIGOS MUY COMEDIANTES QUIQUE, QUE NIVEL A FOTO DO FRANCES, ERES UN GRAN BLOGER, SAUDOS

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Pablo. Faise o que se pode, pero sei que este blog é moi modesto, comparado co que hai por aí. Hai xente que ten moito mais tempo, e moitísimo mellor equipo fotográfico. Xa sabes con qué "xoguetes" me apaňo eu para o dixiscoping. Pero a ilusión é o que conta, e con "corresponsais" coma ti, como di Xabi, ainda queda mellor.

      Eliminar
  3. Ojalá sea la "cabeza de puente" para que vengan más compañeras.
    Saludos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues lo veo más que probable Jesús. De hecho, hay ya varios casos más de pescadoras invernantes en el Cantábrico. Conozco otro caso bastante cerca de Ribadeo, que también es reciente. Parece que la especie se está extendiendo como invernante, y quizás algún día llegue a reproducirse por aquí, como está pasando en zonas del sur como Huelva y Cádiz. Allí, después de su extinción como nidificante en la península ibérica en 1981, han vuelto a criar gracias a un programa de reintroducción de la Junta de Andalucía en colaboración con la estación del CSIC en Doñana y con la Fundación Migres. En las Marismas del Odiel, por ejemplo, este año se ha consolidado la población, llegando a 14 parejas, y el nacimiento de 8 pollos.
      Un saludo.

      Eliminar