Páginas del blog Ría de Ribadeo

sábado, 12 de octubre de 2013

Voitre leonado en Ribadeo

A pasada semana, no transcurso da presentación do proxecto Ribadeo Birding, un dos asistentes ó acto, Evarislo Lombardero, comentoume si era posible que un voitre leonado (Gyps fulvus) aparecera en Ribadeo. Díxenlle que sería bastante inusual, pero tampouco nada raro. A pregunta viña porque lle comentaran varias persoas que se vira estes días un ave enorme na zona do castro das Grobas, na parroquia de Vilaselán, e que comentaban que era un voitre. En canto me deu estas explicacións, e algúns rasgos da descripción que a el lle contaran, ratifiqueille que perfectamente podería tratarse desta especie. Os voitres son animais capaces de facer enormes desprazamentos, de centos de kilómetros, en busca de comida, o que os pode levar ata lugares moi lonxanos ó de orixe. Ademais, os exemplares novos realizan tamén grandes desprazamentos dispersivos, que os fan visitar lugares pouco habituais. Tendo en conta estos factores, e que ademáis se sabe da súa presenza en lugares moi próximos a Ribadeo coma Boal, Trabada, etc., a cuestión parecía bastante clara.

Co lío da presentación da web e o folleto turístico da semana pasada, esquecéraseme facer calquer comentario sobre o tema no blog ou no Facebook, ata que onte Begoña García López me escribiu precisamente por esa canle, mencionándome o mesmo asunto. E acto seguido, envioume esta foto que lle puideron sacar.

Fotografía cortesía de Begoña García López

Así pois, non queda xa ningunha dúbida de que se trata dun voitre leonado. Polo que comentaron posteriormente algúns dos amigos que siguen Ría de Ribadeo polo Facebook, parece que o animal debeuse pegar un bo banquete con algunha carroña, xa que estaba ben cheo, e custáballe ata alzar o vó.

Unha interesante observación nada habitual pola nosa zona. Gracias Bego pola foto e a información.



Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

2 comentarios:

  1. Vaites, pois non sabía eu que podían verse por ahí. Menuda sorpresa. Unha entrada moi interesante.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Pois sí que foi unha sorpresa. Pena non poder velo en persoa, pero para iso está a rede, para que outros nolo conten e poder compartilo.
    Saúdos Inés.

    ResponderEliminar