Os días 1 e 2 de febreiro celebraremos en Ribadeo, un ano máis, o Día Mundial dos Humidais. Farémolo levando a cabo unha serie de actividades que teñen como finalidade divulgar a importancia da ría de Ribadeo a nivel ambiental, e fomentar o seu coñecemento e coidado. Lembremos que a ría está incluida na rede de humidais de importancia internacional da Convención Ramsar, que é o organismo impulsor da celebración desta efeméride.
O blog Ría de Ribadeo colabora co Concello de Ribadeo organizando estas actividades:
Sábado 1 de febreiro
12:00 - Casa do Mar. Charla "A ría de Ribadeo, un refuxio para as aves migratorias", a cargo de Xabier Prieto Espiñeira, membro da Sociedade Galega de Historia Natural. Este naturalista e ornitógolo, autor do blog Bichos e demais fammilia, é un gran coñecedor da nosa ría, e exporanos datos moi interesantes sobre o humidal e as súas aves.
15:00 - Ruta pola ría para observar aves. Como en anos anteriores, habilitarase un autocar no que percorreremos a ría, parando en distintos puntos interesantes para a observación de aves. Daremos as claves para identificalas e diferencialas, axudados de prismáticos e telescopios. Para participar é necesario facer reserva de plaza chamando á Oficina de Turismo (982 128 689). É moi recomendable levar prismáticos.
15:00 - 1º Testing Fotográfico Ría de Ribadeo. Simultaneamente á ruta pola ría, quen desexe participar nesta actividade debe ir provisto de cámara de fotos. No transcurso da ruta tentaremos fotografiar as especies de aves que vexamos, para facer unha posta en común ó día seguinte.
Domingo 2 de febreiro
12:00 - Oficina de Turismo. Obradoiro fotográfico. Os participantes no 1º Testing Fotográfico Ría de Ribadeo reunirémonos para identificar as aves fotografiadas o día anterior, e subir as fotografías á plataforma Biodiversidad Virtual.
Desde aquí animo a todos a participar nestas actividades, recordando que é imprescindible facer reserva previa na Oficina de Turismo, ou chamando por teléfono.
Imaxes e texto baixo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
Ja, ja, iso de "ornitógolo" érao antes, Quique. Agora son máis ben "ornitófago" (o outro día comín chuletas de pavo)
ResponderEliminarComo boto de menos os tempos de vexeta...(e isto dígoo completamente en serio)
Deixámolo logo en ornitófago... ja, ja, ja.
EliminarBueno, e a ver si lles vas dando indicacións ás borrascas dende aí para que se desvíen un pouco, ¿eh? Que o sábado queremos unha tregua : )