Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 18 de febrero de 2015

Mergullón real (Podiceps auritus) na Ría de Ribadeo

Cuns días de retraso, publico hoxe as fotos e comentarios do último paseo que fixen pola ría, o domingo 8 de febreiro. O máis destacado era a presenza dun exemplar de mergullón real (zampullín cuellirrojo / Podiceps auritus), que observáramos xa o día anterior durante a ruta pola ría con motivo do Día Mundial dos Humidais. Atopábase no medio de varios mergullóns de pescozo negro. A primeira das fotos é de Miguel Ángel Pulpeiro (Pulpi), e nela aprézanse moi ben as diferenzas morfolóxicas entre ambas especies. Gracias pola foto Miguel.

Podiceps nigricollis (esquerda) e Podiceps auritus (dereita). Foto: Miguel Ángel Pulpeiro
Mergullón real (Podiceps auritus)


No tesón da Berlinga, entre as gaivotas patiamarelas e escuras, había un par de gaivotas canas (Larus canus). Estaban moi lonxe en non teño fotos en condicións, pero sirvan estas coma testemuña.

Gaivotas e corvos mariños no tesón

Gaivota cana
Remeiros na ría


A xornada non foi moi fructífera para min en canto á fotografía, así que esta entrada vai quedar un pouco pobre nese aspecto. Das poucas que merecen ser publicadas, aquí vos deixo estas dunha das dúas aguias pescadoras que temos invernando na ría.




E para rematar esta breve entrada, o listado de especies que observei este día:



Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión
Ánade friso / Anas strepera / Pato frisado
Cerceta / Anas crecca / Cerceta
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo
Zampullín cuellirrojo / Podiceps auritus / Mergullón real
Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / Mergullón de pescozo negro - mergullón orelleiro
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
Garceta / Egretta garzetta / Garzota
Garza real / Ardea cinerea / Garza real
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora
Avefría / Vanellus vanellus / Zaconela (galego local) - avefría
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - bilurico bailón
Aguja colipinta / Limosa lapponica / Mazarico rubio - mazarico rabipinto
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
Gaviota cana / Larus canus / Gaivota cana
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón
Lavandera cascadeña / Motacilla cinerea / Lavandeira real


Gaivota patiamarela
Gaivotas choronas
A Xunqueira
Peirao deportivo de Ribadeo

Saúdos e ata a próxima.



Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

5 comentarios:

  1. Preciosa a última foto de Ribadeo (se non fose polo porto deportivo parece Castropol!).
    E debe ser deformación profesional, pero en vez de mirar as gaivotas no tesón, non vou e me poño mirar o casco do buque no asteleiro do fondo, os andamios e o guindastre que hai no peirao! Serei túzaro... :)
    Un abrazo, Quique.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ja, ja, ja. Sí, cada un ten o seu punto de vista das cousas. Home, e tamén que nestas fotos o asteleiro chama ben a atención.
      Un abrazo Xabi

      Eliminar
    2. Ti chámaslle "asteleiro" a calquer cousa...
      (É broma, con todos os respeitos para os compañeiros de Figueras; un coreano dos mega-asteleiros de Hyundai ou Daewoo pensará o mesmo da Bazán)

      Eliminar
  2. Que bueno lo del cuellirrojo Enrique, enhorabuena!.
    Saludos
    Juanjo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Juanjo. Aunque si te soy sincero, a mí al principio me pasó desapercibido. Luego vimos algunas fotos, y ya nos dimos cuenta de que era un cuellirrojo entre los cuellinegros, y ya nos centramos más en él.
      Un saludo

      Eliminar