Fotografía: Carlos Sanjurjo |
Despois dunha nova temporada de cría, as dúas aguias pescadoras que invernan na Ría de Ribadeo xa están de volta con nós. Os primeiros días de setembro soen ser as datas nas que as pescadoras veñen chegando ó noso estuario, e este ano volve ser así. Por sorte, as dúas conseguiron efectuar con éxito a súa viaxe migratoria de regreso, e chegaron sanas e salvas. Podémolo ver nestas fotografías que lles sacou Carlos Sanjurjo Lastra o día 8 de setembro, e que amablemente me enviou para poder compartir con todos vosoutros. -Moitas gracias Carlos-. A primeira fotografía é do exemplar bautizado como Virgilia (anela amarela na pata esquerda), mentres que nesta outra podemos ver á nosa veterana Panchita (anela amarela na pata dereita).
Fotografía: Carlos Sanjurjo |
Como sabemos, Panchita pasa a temporada estival nas inmediacións do embalse de Ravoir, no interior de Francia. Pola contra, de momento non se sabe cal é o destino de Virgilia durante estes meses nos que se ausenta. Agardemos poder coñecelo algún día, xa que a anela que lle foi colocada na súa pata esquerda permite que si un observador consegue lela con prismáticos ou telescopio, se poida saber que este exemplar foi anelado na Ría de Ribadeo, e facerlle logo o seguemento. Na segunda destas estupendas fotografías de Carlos pódese ler perfectamente a súa anela.
Fotografía: Carlos Sanjurjo |
Fotografía: Carlos Sanjurjo |
Pero como dicía, e precisamente gracias á anela que lle foi colocada no seu día polo FAPAS, a Panchita podemos tela perfectamente controlada desde o momento en que uns ornitólogos franceses, que fan o seguemento dunha zona de cría de aguias pescadoras nos bosques franceses de Orleans, identificaron a Panchita e se puxeron en contacto co FAPAS. Desde entón, cada verano ségueselle alí a pista a tódolos seus movementos, mentres que no inverno somos nós os que a controlamos na Ría de Ribadeo.
Vouvos facer un pequeno resumo de cómo foi este inverno para Panchita en Francia, onde conseguiu criar con éxito por terceiro ano consecutivo. Estas informacións coñécense grazas ó seguimento que os ornitólogos franceses Gilles Perroden e Rolf Wahl lles fan alí, e que o FAPAS fai públicas na súa web.
Despois de abandonar a Ría de Ribadeo, Panchita foi observada por primeira vez en Francia este ano o día 27 de febreiro. Primeiro andivo polas inmediacións dun niño que non era o seu, onde había un macho co que estivo flirteando uns días, chegando a realizar varias cópulas. Posteriormente chegou a lexítima ocupante dese niño, e Panchita marchou ó niño que ocupou nos últimos anos. Alí, e mentres que a súa parella de anteriores anos seguía sin chegar, outro macho tiroulle os trastos e tiveron tamén algún "escarceo" amoroso. Pero desde o día 23 de abril perdéuselle a pista e non se volveu ver a Panchita polo niño, o que resultaba estrano. Tamén era estrano que a súa parella habitual seguira sen aparecer.
Panchita fotografiada en Francia por Gilles Perroden |
Lectura da anela de Panchita. Fotografía: Gilles Perroden |
Panchita no seu antigo niño co primeiro macho deste ano. Fotografía: Gilles Perroden. |
Finalmente o 5 de maio descúbrese que Panchita está ocupando outro niño, a uns 8 km. do seu, con outro macho ó que tampouco lle chegara a parella. Así que, ante a ausencia das súas parellas, decídense a emparellarse e intentar criar, a pesar do retraso con que ían xa nas datas. O novo compañeiro de Panchita (anela F9 laranxa na pata dereita) é un exemplar con experiencia, que xa levara a cabo con éxito anteriores crías coa súa antiga parella.
Afortunadamente, e a pesares do tardío das datas, o 6 de xuño constátase o nacemento dun primeiro polo, nacendo en días posteriores outros dous máis. Así que finalmente son tres os polos que este ano trouxo ó mundo a nosa querida veciña, dous machos e unha femia. Lembremos que esta é a súa terceira temporada de cría. En 2013 foran dous os polos que naceran (dous machos), e tres en 2014 (un macho e dúas femias). Todos eles criados con éxito, o que fala moi ben das cualidades como nai da nosa amiga.
O 17 de xullo os tres polos deste ano son anelados por Rolf Wahl e Gilles Perroden. Como se pode ver nestas imaxes, os polos presentaban un estupendo estado de saúde, e así seguiron medrando.
Rolf Wahl (esquerda) e Gilles Perroden (dereita) anelando os polos deste ano |
Ata que o 30 de xullo dous dos polos abandonan o niño por primeira vez, mentres que o terceiro faino o 1 de agosto. Desde este momento, comezarán un proceso de independización que os levará a ir explorando paulatinamente o seu entorno, regresando ó niño para alimentarse, cada vez máis esporádicamente.
Pola súa banda, a última observación constatada de Panchita en torno ó seu niño foi o 5 de agosto. Tras unha nova e dura temporada de cría, os seguintes días a nosa pescadora dedícaos a descansar e repoñerse para emprender a súa viaxe migratoria posnupcial. E como xa sabemos a migración logrou realizala sen problemas, e xa a temos de novo na ría, por quinto inverno consecutivo, desde que elixira o noso estuario como lugar de residencia habitual no inverno do ano 2011.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Hola Enrique.
ResponderEliminarEnhorabuena por esta gran entrada, me alegra leer y ver el regreso de las dos pescadoras a Ribadeo, también quería agradecerte por compartir la abundante información acerca de la popular "Panchita".
Un abrazo,
Rafa.
Me alegro de que te resultase interesante la entrada Rafa. Muchas gracias por tus comentarios como siempre.
EliminarUn abrazo
Un post precioso y altamente instructivo; es un placer leerte. Saludos
ResponderEliminarMuchas gracias Isabel. Para mí es un placer recibir y leer vuestros comentarios.
EliminarUn saludo.
Noraboa Enrique, esas fotos fan historia, non che quepa duda!!
ResponderEliminarMoitas gracias Pancho. Neste caso, como dicía, as fotografías temos que agradecerllas a Carlos Sanjurjo e Gilles Perroden.
EliminarGracias Enrique por manternos ó dia das aventuras das Pandion e felicitar tamén ós fotógrafos e aneladores polo seu gran traballo...
ResponderEliminarExcelente post amigo!
Unha aperta
Gracias Javi! E perdoa, que non vira o teu comentario, acabo de velo. Apertas e ata que nos vexamos pola Mariña. Xa estou ó tanto do que se move por alí gracias ó teu Facebook ; )
EliminarHola Enrique!. Enorme entrada esta sobre el regreso de las Pescadoras a la Ria de Ribadeo y tambien las dos anteriores sobre el nuevo plan de conservacion de la playa de las catedrales.
ResponderEliminarEnhorabuena!!.
Un saludo.
Juanjo
Muchas gracias Juanjo por tus comentarios siempre. Un saludo.
Eliminar