Páginas del blog Ría de Ribadeo

sábado, 1 de abril de 2017

Pola charca de Rinlo

Publico hoxe unhas poucas fotos e o listado de especies observadas fai un par de semanas na charca de Rinlo. Ata agora non tivera tempo para poñerme a facelo, así que veñen con algo de retraso. Pero mellor tarde que nunca...



A charca atópase bastante cargada de auga nestes momentos. Para algunhas especies de aves, coma gaivotas ou anátidas, son as condicións óptimas. Sen embargo, para outras como as limícolas, estaría mellor cunha lámina de auga moito máis baixa. É nesas condicións cando soen aparecer por aquí algunhas das rarezas coas que xa nos temos atopado nestes últimos anos en Rinlo. Pero como digo, para iso o nivel da auga aínda ten que baixar bastante.






O máis destacado da miña visita foi a presenza dunha cerceta do estío (Anas querquedula) e unha galiñola negra (Fulica atra) xa citada por Carlos Sanjurjo con anterioridade. Supoño que será a mesma.

Cerceta do estío

Galiñola negra



Ademáis da cerceta, en canto a anátidas había tamén presenza de lavanco, pato cullerete, pato rabilongo e pato asubiador.

Lavanco

Pato cullerete e pato rabilongo

Pato asubiador (femia)



De limícolas, só había un tímido bilurico patirrubio, do que deixo esta malísima foto, unicamente a modo testemuñal.

Bilurico patirrubio



E coma últimas fotos, aquí van estas dunha garza real, unha lavandeira branca e unha pica dos prados.






Para rematar, deixo o listado completo de especies observadas na charca e na súa contorna.

Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo
Cerceta carretona / Anas querquedula / Cerceta albela - cerceta do estío
Pato cuchara / Anas clypeata / Pato cullerete
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
Cormorán moñudo / Phalacrocorax aristotelis / Corvo mariño cristado
Garza real / Ardea cinerea / Garza real
Focha / Fulica atra / Galiñola negra
Archibebe común / Tringa totanus / Bilurico patirrubio - bilurico común
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón
Golondrina / Hirundo rustica / Andoriña - anduriña
Bisbita pratense / Anthus pratensis / Pica dos prados
Lavandera blanca / Motacilla alba / Lavandeira branca
Colirrojo tizón / Phoenicurus ochruros / Rabirrubio
Tarabilla / Saxicola torquatus / Chasco
Buitrón / Cisticola juncidis / Carriza dos xuncos


Pena corveira. Aquí estaban, coma sempre, os corvos mariños grandes e os cristados




Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com


2 comentarios:

  1. Boas Enrique! Escribinche ao mail. Tés máis fotos desa femia de asubiador? O meu email é: cdromai @ gmail . com
    Grazas! Damián

    ResponderEliminar