Páginas del blog Ría de Ribadeo

domingo, 13 de mayo de 2018

Curuxa das xunqueiras (Búho campestre)

De novo pola costa de Ribadeo, o pasado 3 de maio atopeime con esta fermosa curuxa das xunqueiras (lechuza campestre / Asio flammeus) en Rinlo.







Estaba nas inmediacións da charca que hai preto da terceira cetárea, onde tamén me deleitei observando a pracer este falcón pequeno (alcotán / Falco subbuteo).




Pero a parte da presenza destas dúas rapaces, o mais destacado este día era a gran cantidade de mazaricos chiadores (zarapito trinador / Numenius phaeopus). Había bandos por tódolos prados, desde Piñeira ata Rinlo.






Na charca de Rinlo pouco que destacar. Os habituais lavancos (ánade real / Anas platyrhynchos), cunha das femias con varios parruliños tras dela. Así que cría polo tanto confirmada este ano na charca. E tamén gaivotas e un mergullón pequeno (zampullín común / Tachybaptus ruficollis). 




Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

4 comentarios:

  1. Hola Enrique.

    Muy buenas fotos, especialmente me gustan las de las rapaces.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Mergullón pequeno en Rinlo? Esa é nova, verdade?

    Moi chulas todas as fotos (pena de luz na Curuxa e de contraluz nos mazaricos, porque habían quedar xa de cine...). Sobre todo a última do chiador, unha especie ben desconfiada cando andan en terra. Imaxino que disparaches desde o carro, ¿equivócome?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non, non, xa se citaron máis veces na charca os mergullóns pequenos (eu mesmo aquí no blog).
      E as fotos dos mazaricos sí que son desde o coche. Xa sabes o hide móbil é moi útil nestes casos :)
      Graciñas por pasar e comentar Xabi.

      Eliminar