Esta primeira mañá de domingo do mes de novembro comezou en Ribadeo cunha cobertura de nubes que parecía que podía perdurar. Pero pouco a pouco foi despexando, e finalmente quedou unha xornada moi solleira, cunha estupenda luz para fotografar aves. Era o meu plan para hoxe, así que tiven sorte co tempo.
Comecei por Salías, en Castropol, onde me xuntei con Carlos Sanjurjo quen me acompañou durante todo o paseo. Por alí o máis destacado os cullereiros (uns 47), mazaricos das dúas subespecies (real e chiador), pilros, píllaras reais e cincentas, lavancos, un grupiño de 6 patos asubiadores, e outro grupiño de rabilongos. E tamén un par de picapeixes que nos ofreceron uns bos posados para a foto.
Dalí fomos a Serantes, para ver o que había na enseada do Tarrón. Desde alí vimos a Panchita do outro lado da ría, e ninguha pescadora máis, a pesar de que as buscamos. Carlos ten localizadas ata catro, nestes días pasados. Sí que había un bo grupo de patos, entre os que había máis rabilongos e asubiadores.
Logo paramos no Muro de Lamas, onde o máis chamativo era a presenza dun pato branco.
E a última parada foi no observatorio de Reme, desde onde poidemos fotografar a Panchita. E tamén a algúns pequenos paxariños que non paraban de rebolotear entre os carballos e as silveiras.
Aquí vai a relación de especies observadas:
Castellano / Nombre científico / Galego
Tarro blanco / Tadorna tadorna / Pato branco
Ánade silbón / Mareca penelope / Asubiador - pato asubión
Ánade azulón / Anas platyrhynchos / Lavanco
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
Garceta / Egretta garzetta / Garzota
Garza real / Ardea cinerea / Garza real
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro
Ratonero / Buteo buteo / Miñato
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora
Chorlitejo grande / Charadrius hiaticula / Píllara real
Chorlito gris / Pluvialis squatarola / Píllara cincenta
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico
Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - bilurico bailón
Aguja colinegra / Limosa limosa / Mazarico rabinegro
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe - martiño peixeiro
Petirrojo / Erithacus rubecula / Paporrubio
Mosquitero común / Phylloscopus collybita / Picafollas común
Reyezuelo listado / Regulus ignicapilla / Estreliña riscada
Mito / Aegithalos caudatus / Ferreiriño rabilongo
Carbonero garrapinos / Parus ater / Ferreiriño negro
Carbonero / Parus major / Ferreiro abelleiro - ferreiriño real
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com


















No hay comentarios:
Publicar un comentario