A pasada fin de semana estiven en Portosín na boda do meu amigo Rafa. Ademáis de todo o que supón un casamento (festa, amigos, comilonas...) tamén se lle pode sacar partido en clave natural, se un busca o momento. Uns días antes da voda lín esta entrada no blog de Amadeo Pombo: http://avesdebaldaio.blogspot.com/2010/04/una-oportunidad-para-los-chorlitejos.html
Así que con esta información privilexiada, esperaba poder ter a oportunidade de escaparme algún momento á praia de Testal, en Noia, e ver se tiña sorte e podía ver a píllara das dunas. O momento apareceu e co meu amigo Rodrigo fun ata a praia. O primeiro que vimos foi a zona balizada para protexer os niños.

Despois non nos resultou difícil descubrir as esquivas píllaras, a pesar do seu pequeno tamaño e rapidísimos movementos sobre as dunas. Estas fotos saqueinas directamente coa cámara ó máximo zoom, sen o telescopio, que non o levaba.
Píllara das dunas - Charadrius alexandrinus - Chorlitejo patinegro
O que non poidemos ver foron as crías nos niños, que estaban baleiros, pero con certeza estarían agochadas nalgún lugar entre as plantas e a area. Non quixemos molestar e por iso non pasamos dunha certa distancia de seguridade para que as aves non se sentiran ameazadas.
De entre todas as fotos que saquei durante a fin de semana colgo tamén estas dúas dunhas gaivotas patiamarelas nuns penedos do Castro de Baroña, e uns nenúfares no lago do Pazo do Tambre.
Asique pasache por cerca da miña casa!!Qué ben.O ano pasado fun a praia a Porto do Son.
ResponderEliminarA próxima vez que pase por alí espero que estedes para facer unha paradiña...
ResponderEliminar