Relacionado coa entrada anterior, aquí está dispoñible o manifesto completo sobre a problemática dos eucaliptos. Persoalmente paréceme un manifesto moi acertado, xa que fuxe de posturas extremistas neste asunto, indo máis alá da mera enumeración dos problemas que acarrean e propoñendo unha serie de medidas concretas para minimizalos e facer unha xestión máis adecuada deste recurso. Noraboa ás organizacións participantes pola iniciativa.
Manifesto (galego)
Manifiesto (castellano)
Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com/
O problema forestal na nosa bisbarra é moi importante. O noso monocultivo enfermo, explotado en parcelas minúsculas sen limitación nin criterio ambiental algún semella ir cara ó seu propio colapso, ao menos en muitas das localizacións onde está implantado.
ResponderEliminarEste manifesto sinala o camiño, pero as ferramentas que van cristalizando, menos sabias e ambiciosas, son as certificacións FSC: Villapol no Mondigo (alí a nosa responsabilidade de exixilas como consumidores e vixiar que se cumpran as súas esixencias, como vecinos) e as recentes SOFOR, herdeiras das UXFOR, que aparecen no decreto publicado o mércores pola Xunta.
Veremos se con estas ferramentas somos quén de ir introducindo os criterios do manifesto na xestión forestal da nosa bisbarra. Paciencia!
Grazas pola túa autorizada opinión na materia Iván.
ResponderEliminar