Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 29 de marzo de 2013

Observando o paso migratorio de aves en Rinlo

De novo por terras galegas, non quixen perdela oportunidade de saír dar unha volta pola costa, aproveitando que estamos en plena época de paso migratorio prenupcial das aves. A rasa costeira da Mariña de Lugo é un lugar idóneo para poder ver desde terra especies que pasan preto da costa na realización da súa migración. Así que onte, aínda que as previsións meteorolóxicas non se cumpriron e amenceu cun tempo peor do esperado, achegueime a Rinlo para observalo paso. E a pesares do insistente orballo (ou barruzo, como lle chamamos aquí), nalgún dos escasos ratos de tregua, puiden sacalos prismáticos e mesmo tirar algunha foto. Así, nuns penedos preto de Pena Corveira descubrín un bando mixto de píllaras cincentas (Pluvialis squaratola), virapedras (Arenaria interpres) e varios pilros (Calidris spp.), que non puiden identificar porque uns pescadores chegaron, e espantáronme o bando.

Gaivota patiamarela, píllara cincenta e pilro spp.

Bando mixto de píllaras, virapedras e pilros.

Os causantes da desbandada


Os que non se espantaron polos pescadores foron os corvos mariños que había no Penedo do Corvo, como é habitual. Nesta foto pódense ver corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo) xunto con corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis). 

Corvos mariños grandes e cristados no Penedo do Corvo


E na punta de Pena Corveira, varios gaivotóns (Larus Marinus) xunto con gaivotas patiamarelas (Larus michahellis). 



Mentres, as aves mariñas seguían pasando preto da costa, coma os mascatos (Morus bassanus), gaivotas, e un paso moi numeroso de carráns cristados (Sterna sandvicensis), así coma varios bandos de pentumeiros (Melanitta nigra). 

Costa de Rinlo

Mascato

Gaivota escura e carrán cristado

Bando de pentumeiros


Na lagoa da piscifactoría non había nada especialmente interesante: uns cantos lavancos (Anas platyrhynchos), patos culler (Anas clypeata), mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) e unha morea de gaivotas. 

Gaivotas na charca de Rinlo


Dadas as malas condicións do tempo, decidín deixala zona e achegarme a botar un vistazo á ría de Ribadeo, a ver si un pouco ó abrigo se estaba mellor. Estiven só un rato observando o que había pola zona media, en torno ó tesón da Berlinga. E o máis destacado foi a presenza dun mergullón cristado (Podiceps cristatus) xunto cunha mobella grande (Gavia immer). 

Mergullón cristado (primeiro plano) e corvo mariño grande no tesón.

Mergullón cristado (esquerda) e mobella grande (dereita).


Tamén era chamativo o enorme número de carráns cristados que había descansando no tesón. 

Carráns cristados (primeiro plano) e gaivotas (ó fondo) no tesón da Berlinga.


Para rematar, colgo este vídeo precisamente dos carráns, que levantaban en grupos para pescar na canle cos seus espectaculares picados.



Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

2 comentarios:

  1. Interesante entrada de aves en paso prenupcial. Aunque el tiempo no te acompañase, el número y variedad de especies avistado representa la relevancia e interés de la región costera de Lugo que nos muestras.
    Un saludo de 'ojolince y sra.' desde Pucela.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esta zona es buenísima para observar el paso de aves marinas. Y además de los acantilados costeros, tenemos la ría de Ribadeo, que les sirve a muchas de ellas como lugar de parada para reponer fuerzas, por lo que siempre hay cosas interesantes que ver.
      Un saludo Juan Miguel.

      Eliminar