Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 24 de mayo de 2013

Observando aves migradoras en Ribadeo

A semana pasada estiven uns días en Ribadeo, e como non podía ser doutra forma, aproveitei para saír bichear un pouco pola zona. O forte do paso migratorio prenupcial xa pasou, pero aínda se podían ver cousas interesantes. 

O venres 17 de maio (Día das Letras Galegas, por certo) saín co amigo Pablo Miki García. Fomos dar unha volta de recoñecemento pola ría. En Salías vimos unhas poucas limícolas, coma este mazarico rubio (aguja colipinta / Limosa lapponica).


E no pousadoiro do Tarrón observamos a presenza dunha das aguias pescadoras (águila pescadora / Pandion haliaetus) que pasaron o inverno na ría, e que aínda segue por aquí. Pero non tiñamos moito tempo, nin o tempo meteorolóxico acompañaba, así que pronto o deixamos, sen máis novidades.




Pola tarde fun eu só dar unha volta pola rasa costeira, entre o Faro da Isla Pancha e a Punta do Corvo, en Piñeira. Por alí descubrín a presenza de varios mazaricos chiadores (zarapito trinador / Numenius phaeopus) alimentándose nun prado. 




Despois dun bo rato observándoos de preto e sacándolles fotos, achegueime ós cantís, para buscar aves mariñas. O que máis vin foron mazcatos (alcatraz / Morus bassanus), pasando en números bastante considerables, e de vez en cando algún grupo lanzándose en picado sobre bandos de peixes para pescalos. Tamén puiden ver pasar un bando de mazaricos chiadores.

Mazcato

Mazcatos pescando

Mazaricos chiadores

Un par de días máis tarde, o domingo 19, amenceu unha mañá soleada, aínda que con previsións de ir empeorando progresivamente. Así que vendo o panorama, decidín saír rapidamente a dar unha volta antes de que chegasen as anunciadas choivas (que chegaron). Achegueime ata a beira asturiana da ría de Ribadeo, concretamente ata a praia de Salías, en Castropol. A cousa estaba tranquila en canto a humanos (nin mariscadores nin paseantes de cans), así que as aves tamén estaban tranquilas. Isto era o que había:

- un bando de 33 pirlos comúns (correlimos común / Calidris alpina)
- 5 píllaras reais (chorlitejo grande / Charadrius hiaticula)
- 1 píllara cincenta (chorlito gris / Pluvialis squaratola)
- 12 lampareiros (ostrero / Haematopus ostralegus)
- 4 mazaricos chiadores (zarapito trinador / Numenius phaeopus)
- 2 mazaricos rubios (aguja colipinta / Limosa lapponica)
- 3 lampareiros (espátula / Platalea leucorodia)
- 1 garza real (Ardea cinerea)
- 1 gaivota escura (gaviota sombría / Larus fuscus)
E sin contar os seus números, varias garzotas (garceta / Egretta garzetta), corvos mariños (cormorán / Phalacrocorax carbo), gaivotas patiamarelas (gaviota patiamarilla / Larus michaellis) e gaivotas choronas (gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus).

Aquí van algunhas fotos máis para rematar a entrada.

Bando de pilros comúns e píllara real

Mazaricos chiadores, píllaras reais e pilros comúns

Píllaras reais

Píllara real

Pilros comúns

Mazaricos chiadores

Lampareiros, mazaricos rubios (esquerda) e píllara cincenta (enriba á dereita)

Cullereiros
Gaivotas choronas

Gaivota patiamarela no porto de Ribadeo




Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda

4 comentarios:

  1. Bien animada que tienes esa ría. Que chulada la pescadora, a ver si la bimbo algún día. Un saludo, Gonzalo Criado

    ResponderEliminar
  2. Pues sí Gonzalo, la ría es una gozada. Siempre que voy a mi pueblo me depara cosas interesantes.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  3. Hola Enrique.

    ¡Muy buena "cosecha"! Enhorabuena, solamente por el águila pescadora creo que bien vale la pena hacer una escapada, lo demás viene de "regalado".

    Un saludo,

    Rafa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Rafa. Me dieron envidia tus observaciones de Baldaio... je, je, je.
      Saludos.

      Eliminar