Páginas del blog Ría de Ribadeo

lunes, 30 de septiembre de 2013

O sábado 5 celebramos en Ribadeo o Día Mundial das Aves





Coincidindo coa celebración do Día Mundial das Aves, o próximo sábado 5 de outubro realizaremos en Ribadeo unha serie de actividades. Ás 11 da mañá, na Oficina de Turismo, terán lugar a presentación dunha nova web adicada ó turismo ornitolóxico, "Ribadeo Birding", así como dun folleto turístico sobre a ría de Ribadeo e as súas aves. Posteriormente, realizaremos un paseo a pé pola zona urbana da ría, para intentar observar algunhas das aves que nesta época nos acompañan. Estades todos invitados a participar nestas actividades nas que teño o pracer de colaborar.


Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario