Como soe ser habitual por esta época nos últimos anos, xa están de volta as aguias pescadoras (Pandion haliaetus) na Ría de Ribadeo. O sábado puiden confirmar a presenza de dous exemplares. A un deles pareceume verlle unha anela amarela na pata dereita, polo que sería unha das dúas pescadoras aneladas e invernantes no noso humidal en tempadas pasadas. Pero dada a enorme distancia á que estaba, non puiden confirmar este extremo, e moito menos ler o código da anela, polo que non sei si era a anelada en 2011 ou a de 2013. En calquera caso, e previsiblemente, se non lles pasou nada a ningunha durante a súa ausencia estival, as dúas pasarán de novo o inverno no noso estuario.
Exemplar anelado |
Pero como dicía, observei tamén outra pescadora que non levaba anela, polo que se trata doutro exemplar. Así que temos dúas posibilidades: que se atope de paso, facendo unha parada temporal na ría, ou que se quede aquí a pasalo inverno. É cedo para coñecer isto, así que agardaremos a ver qué pasa.
Individuo non anelado |
Ademáis das pescadoras, podemos ver xa a presenza de moitas outras especies que van chegando ó estuario. É o caso dos cullereiros (Platalea leucorodia), dos que había 4 exemplares no Muro das Lamas. Un deles levaba as características anelas de cores propias dos cullereiros anelados en Holanda. Se non recordo mal, este mesmo individuo estivo tamén o inverno pasado connosco.
Os catro cullereiros, xunto a unha garzota, gaivotas e limícolas |
E con eles, neste mesmo lugar, unha enorme cantidade de limícolas: mazaricos chiadores (Numenius phaeopus), mazaricos reais (Numenius arquata), biluricos pativerdes (Tringa nebularia), biluricos patirrubios (Tringa totanus), pilros comúns (Calidris alpina), e mazaricos rabinegros (Limosa limosa), dos que contei ata 11 individuos. Así que a cousa anímase na Ría de Ribadeo.
Mazaricos rabirrubios |
Corvos mariños |
Ría de Ribadeo |
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
Insisto no de non ser tan galego, Quique (sei que é difícil) Unha "cantidade enorme" de limícolas non semella apropiado para eses números en Ribadeo. Que nos están vendo desde o Delta e O Grove, caramba. ;)
ResponderEliminar¿A qué números te refires Xabi? O único número que din é o dos rabinegros, que por outro lado é grande para a Ría de Ribadeo. Pero cando falaba dunha "cantidade enorme", non me refería a eles, senon a o gran número de limícolas que había nese punto este día. E creme que o era. Coñezo ben a ría e os seus números ; )
EliminarPerdoa que non respostara antes, Quique. Cando falo de "números" é porque considero que, se falamos de limícolas, cantidades inferiores ao millar de exemplares non deben ser adxetivadas como tal, tendo en conta o potencial que posúen as nosas principais rías e os dados históricos anteriores aos anos noventa. E sería algo extraordinario que iso pasase actualmente en Ribadeo 8e dentro de pouco, tamen en Ortigueira, como sigamos así).
EliminarSeino...ás veces semello máis un profesor de gramática ca un naturalista (no fondo sonvos de letras ata o mesmo tuétano, ha, ha)
Tranquilo, a linguaxe é sempre moi subxetiva. Igual que a realidade, que tamén é relativa e a percepción depende moito do observador e do contexto. Cando falo de cantidades "enormes", é para enfatizar o que quero expresar, e sempre referíndome á Ría de Ribadeo, lóxicamente. E aquí referíame a ese punto en concreto, o Muro das Lamas. É dicir, que había moito bicho para o que é normal aí (ainda que sen ser tampouco nada extraordinario). En fin, cousas da linguaxe ; )
EliminarBonita entrada, alégrome de que as águias estén de volta. Dan ganas de achegarse botar un ollo por alí
ResponderEliminarMoitas gracias Inés. Pois estás convidada a vir cando queiras, e con moito gosto fareiche de guía : )
EliminarSaúdos
Hola Enrique. Preciosas fotos de esa belleza de ría de Ribadeo, que por lo que veo está ya muy animada, con una variedad de limicolas nada despreciable. Ojalá pudiese acercarme por ahí en estos próximos días, pues es una zona que adoro.
ResponderEliminarUn saludo.
Juanjo
Gracias Juanjo. Pues ya sabes, si te acercas seguro que sacas partido a la visita. Aunque tú ya estás acostumbrado a moverte por lugares muy interesantes, como muestras en tu blog.
EliminarUn saludo.