Pola mañá saín pola ría para ver como segue a invernada. Comecei facendo unha breve parada no porto deportivo, para ver si había algo interesante. A parte desta gaivota comendo nunha estrela de mar, e un lampareiro que observei no tesón, pouco máis interesante había por alí.
A seguinte parada foi no observatorio de Reme, onde quedara con Carlos Sanjurjo. Alí estaban, coma sempre, as dúas aguias pescadoras que teñen os pousadoiros daquela zona en propiedade, Panchita e Virgilia. Estas fotos son da primeira.
Desde alí fomos ó Muro de Lamas, onde había bastantes limícolas. Entre o que puidemos contar, 75 pirlos comúns, 10 biluricos comúns, 38 mazaricos reais e 32 mazaricos rabinegros. Tamén vimos, ainda que non os contamos, biluricos pativerdes e mazaricos chiadores. En canto ás anátidas, contamos un grupo de 137 patos asubiadores, 10 rabilongos e gran cantidade de lavancos. E presenciamos o lance de caza dun falcón peregrino, que acabou capturando no aire diante nosa a un desafortunado pilro, que levou a comerse a outra parte. A terceira aguia pescadora estaba tamén no pousadoiro do Tarrón.
A seguinte parada foi en Castropol, onde paramos a ver si había mergullóns de pescozo negro. Pero por moito que buscamos, non vimos ningún. Así que marchamos para Salías, onde había un grupo duns 30 cullereiros, 18 garzas reais e 33 garzotas. E na mesma enseada da Lieira, o máis destacable era un gran grupo de patos asubiadores, en torno ós 300. Tamén había 5 patos cullerete e 1 pato chupón.
Aquí vai a listaxe completa das especies observadas, cos números totais das que contamos:
Ánade silbón /
Anas penelope / Asubiador - pato asubión (437)
Ánade friso /
Anas strepera / Pato frisado (8)
Ánade real / Anas
platyrhynchos / Lavanco
Ánade rabudo /
Anas acuta / Pato rabilongo (10)
Pato cuchara /
Anas clypeata / Pato cullerete (5)
Porrón / Aythya
ferina / Pato chupón (1)
Cormorán /
Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
Garceta / Egretta
garzetta / Garzota (33)
Garza real /
Ardea cinerea / Garza real (18)
Espátula /
Platalea leucorodia / Cullereiro (30)
Águila pescadora
/ Pandion haliaetus / Aguia pescadora (3)
Cernícalo / Falco
tinnunculus / Lagarteiro (1)
Halcón Peregrino
/ Falco peregrinus / Falcón peregrino (1)
Ostrero /
Haematopus ostralegus / Lampareiro (galego local) - gabita (1)
Correlimos común
/ Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico (75)
Zarapito trinador
/ Numenius phaeopus / Mazarico chiador
Zarapito real /
Numenius arquata / Mazarico real (54)
Archibebe común /
Tringa totanus / Bilurico patirrubio - bilurico común (10)
Archibebe claro /
Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro
Andarríos chico /
Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - bilurico bailón
Aguja colinegra /
Limosa limosa / Mazarico rabinegro (32)
Gaviota reidora /
Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
Gaviota sombría /
Larus fuscus / Gaivota escura
Gaviota
patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
Gavión atlántico
/ Larus marinus / Gaivotón
E para rematar a entrada, fágoo coa foto deste paporrubio que volveu posarse na mesma silva que o fixera fai tres semanas e que publiquei aquí mesmo. Polo que parece, gústalle saír no blog...
Saúdos e ata a próxima.
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario