Páginas del blog Ría de Ribadeo

domingo, 26 de septiembre de 2010

Platalea leucorodia - Cullereiro - Espátula

Ría de Ribadeo na baixamar


Nesta entrada só quero colgar este material que gravei no mes de agosto duns cullereiros (platalea leucorodia) alimentándose na enseada da Liñeira. Xunto a eles aparece na foto unha garza real (ardea cinerea), e ó fondo unha garzota (egretta garzetta). Aprécianse tamén as bancadas de cultivo de ostras que emerxen na baixamar, que se ven na foto cubertas de algas.

Cullereiros alimentándose


4 comentarios:

  1. A primeira foto está tomada desde o "Muro das Lamas",¿non, Quique?

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente Xabi. Xa coñeces isto case coma a ría de Ortigueira...

    ResponderEliminar
  3. Bueno, je, je, eu creo que a Ortigueira non a coñece nin a nai que a fixo, con tanto recuncho e tantas ensenadiñas coma ten (non quero nin imaxinarme o caso das Rías baixas, buf!). Para iso Ribadeo é unha ría moito máis simple, no sentido "xeográfico" da palabra. E resulta, lóxicamente, moito máis doada de censar.
    Lembra que cando queiras tes unha visita guiada pendente en Ortigueira (vaste enterar..)
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Por suposto Xabi, non me esquezo desa visita pendente que farei con moito gosto cando atope o momento.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar