Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Proyecto de recuperación del águila pescadora en la Ría de Ribadeo

Es un gran placer para mí poder comentar y difundir a través del blog noticias como esta de un proyecto para intentar que el águila pescadora (pandion haliaetus) anide algún día en el entorno de la Ría de Ribadeo. La noticia salía a la prensa a mediados de mes, y para su presentación se desplazó a Ribadeo nada más y nada menos que Roberto Hartasánchez, presidente de la ONG FAPAS, toda una personalidad en el mundo de la ecología en España, reconocido por la gran labor que la citada organización está llevando a cabo para la defensa de la vida salvaje.
El proyecto del águila pescadora en Ribadeo consistirá en la instalación de nidos artificiales para animar a los ejemplares de esta especie que puedan llegar a la zona a que se instalen en ellos y puedan llevar a cabo la reproducción. Cabe destacar que el águila pescadora dejó de nidificar en el cantábrico peninsular en los años 60 del pasado siglo, siendo desde entonces su presencia únicamente invernante o en paso. Llegó a extinguirse también como nidificante en el resto de la península, pero muy recientemente, y gracias a los esfuerzos realizados en diversos programas de reintroducción, se ha conseguido que vuelva a nidificar el algunos puntos. El propósito de FAPAS es ahora conseguir que esta magestuosa ave vuelva a criar en el cantábrico.
Desde aquí quiero animar a los impulsores de esta iniciativa a que sigan luchando por recuperar esta especie. También mencionar especialmente la colaboración en este proyecto de la Asociación de Vecinos de Ove, y su presidente Gonzalo García Marcos, ya que es gracias a estos apoyos populares como las iniciativas de este tipo tienen más calado y éxito.
Aquí pego dos enlaces en donde obtener toda la información sobre la noticia y el proyecto:

6 comentarios:

  1. Boas, Quique. Acabo de ver que o foro de Galiciaves bota fume sobre este asunto. A mín, desde logo, fáltame información para poder opinar, pero sorpréndeme esa referencia histórica de cría "no entorno da ría". Paréceme algo moi raro, pero imaxino que hai anos as cousas serían moi distintas, en Ribadeo e en todas partes.
    De todas formas, dá a sensación de que habería outras cousas máis prioritarias antes que a instalación dunha parella de Peixeiras en Ribadeo (algo chamativo e mediático a máis non poder, iso si..)
    E non me gosta nada esa alusión aos exemplares grandes de Eucalipto para instalar os niños. Na miña opinión os eucaliptos son un cancro na ribeira desta ría, por moitos motivos,..E coñecendo de oídas a polémica suscitada anteriormente polo Fapas precisamente co tema do eucalipto, pois xa non sabe ún que pensar.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Hola Xabi. Sí, acabo de ver o regueiro de opinións que deixou o tema. Xa deixei tamén no foro a miña, de que a mín paréceme algo positivo, ainda que lóxicamente tamén podo estar equivocado. Tampouco eu teño toda a información histórica sobre ata cando houbo parellas nidificantes na ría. E en canto ós eucaliptos, non hai nada que falar porque está xa todo escrito sobre os perxuizos destas árbores no ecosistema. Pero é o que hai agora mesmo, e si temos que esperar a que cambien esas plantacións por outras máis acordes co medio para levar a cabo calquer iniciativa deste tipo, entón sí que seguro non habería ningunha.
    En fin, o debate é bo e que se fale de ecoloxía na Ría de Ribadeo e que cada un exprese as súas ideas sempre será positivo.
    Unha aperta e gracias polo teu comentario.

    ResponderEliminar
  3. Olá Quique, son o que abriu a caixa de Pandora...
    Bromas aparte, paréceme que falta moito traballo de campo previo a tamaño proxecto de "reintroducción" da especie na ría, coñezo citas invernais na zona, pero ¿existen referencias históricas que tí coñezas sobre a cría da mesma ahí?
    Poderíase preguntar aos paisanos dahí, por ex., para ver si hai un coñecemento popular da especie por parte deles.
    En Canarias os mariñeiros coñecen perfectamente ao guincho (nome local para Pandion haliaetus), se falamos dunha extinción a mediados de século, os vellos do lugar deberían lembranse dela...

    ResponderEliminar
  4. Hola Alberto. Encantado de saudarte, e tamén de que abriras o debate (ou a caixa de Pandora, como dis ti...) Non coñezo datos de cría na zona, e pode que non os haxa, o que tampouco quere dicir que non criase aquí no pasado. Cando falaba da extinción da especie como nidificante a mediados de século referíame á última cría constatada no Cantábrico (1968 en Ribadesella), non da Ría de Ribadeo. Pero máis alá disto, o que eu quero significar é que me parece positiva a iniciativa. Lembremos que se trata tan só de instalar algún nido artificial que poida ser utilizado pola especie no caso de que algunha parella decida instalarse aquí, e só iso. É dicir, supón facilitarlle o traballo á chegada natural da especie en caso de que busque lugares para criar, e non reintroducila de maneira artificial nun hábitat alleo.
    Un saudo e gracias polo comentario.

    ResponderEliminar
  5. Hola a los dos, desde la axencia de sostibilidade do concello, quixera comentarvos que temos un proxecto que parece que vai ser aprovado e subvencionado por medio ambiente para sacar os eucaliptos baixo a carretera xeral entre a Vilavella e as Aceas. no seu lugar queremos prantar o que xa hai ali: crataegus, carballos, loureiros, etc.
    A zona das aceas conserva unha das mellores manchas de vexetación natural do concello, pero a constucción do paseo pode inhabilitala para a cría das águias.
    En canto ao de poñer os niños sobre precisamente sobre os eucaliptos que se teñen que cortar para facer o sendeiro, encima mesmo da estrada, me parece ter un certo cheiro a oportunismo político.
    Saúdos
    Iván

    ResponderEliminar
  6. Hola Iván. Pois sí que é unha boa nova a que nos traes. Gracias por compartir con nós esta información e noraboa polo traballo si finalmente se consegue esa subvención. Comparto totalmente o de que a zona das Aceas é unha mancha de vexetación autóctona moi ben conservada. Estiven fai pouco percorrendo as obras da senda peatonal e precisamente a zona que máis me gustou foi a das Aceas, pola vexetación e o propio paraxe que alí existe.
    En canto ó de instalar os nidos por alí non está decidido, xa que según me informei directamente con FAPAS, teñen pendente buscarlles a mellor ubicación posible. Tendo en conta a futura senda, douche a razón de que pode non ser o mellor lugar. Imaxino que o valorarán cando decidan ónde poñelos.
    E no do tema político, pois non teño moito criterio para opinar, pero imaxino que ti neste aspecto podes ter máis información, e tampouco me sorprendería que houbese algo diso. Ó final case que detrás de todo está a política. Pero prefiro quedarme coa parte positiva da nova, como veño dicindo, independentemente dos intereses de imaxe política, empresarial, etc., que poida haber detrás. Como dicía na miña resposta a Alberto trátase tan só de instalar algúns niños artificiais que poidan usar as aguias en caso de quereren aniñar aquí. Porque non esquezamos que a especie xa se ve na ría: a cita máis recente da que teño constancia é do 16 de setembro, de Pablo Fernández, un gran coñecedor da zona e da avifauna.
    Un saudo.

    ResponderEliminar