Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 25 de enero de 2012

Día dos Humidais na Ría de Ribadeo



Esta fin de semana celebraremos en Ribadeo o Día Internacional dos Humidais coa realización dunhas xornadas de ornitoloxía. Debido ás numerosas solicitudes para apuntarse ás saidas guiadas de iniciación á observación de aves, faremos dous días de visitas, en lugar dun como estaba inicialmente programado. Polo tanto, así queda a axenda das xornadas:
  • Venres 27: ás 20:30 na Casa das Letras, charla "Os humidais de Galicia: a Ría de Ribadeo", impartida polo Prof. Dr. Pablo Ramil Rego.
  • Sábado 28: ás 15:00, visita guiada pola ría (imprescindible reserva previa).
  • Domingo 29: ás 10:00, visita guiada pola ría (imprescindible reserva previa).
As reservas para apuntarse ás visitas guiadas hai que facelas na Oficina de Turismo ou chamando ó teléfono 982 128 689. Non obstante, informar xa de anteman que ambas visitas teñen un número limitado de prazas que unha vez cuberto non se poderá superar.


Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario