Páginas del blog Ría de Ribadeo

jueves, 19 de enero de 2012

Día Internacional dos Humidais en Ribadeo



Con motivo da celebración do Día Internacional dos Humidais, que se celebra o día 2 de febreiro, o Concello de Ribadeo organiza para a fin de semana anterior unhas xornadas adicadas á ría e á ornitoloxía.

A primeira actividade será o venres 27 ás 20:30 na Casa das Letras, onde haberá unha interesante charla do Prof. Dr. Pablo Ramil Rego titulada "Os humidais de Galicia: a Ría de Ribadeo".

A segunda das actividades será unha visita ornitolóxica guiada pola ría, que terá lugar o domingo 29, desde as 10:00 ata aproximadamente as 13:00. Teremos como guías ó experto ornitólogo Pablo Fernández, e a min mesmo, que teño o pracer de colaborar nas xornadas. Para esta actividade as prazas son limitadas, e para apuntarse hai que chamar á oficina de turismo: 982 128 689.


Enrique Sampedro Miranda

No hay comentarios:

Publicar un comentario