Estamos na mellor época do ano para observar avifauna nas rías galegas, e a ría de Ribadeo é un claro exemplo delo. As aves invernantes chegan ás nosas costas fuxindo do frío do norte de Europa, e escollen estas terras máis meridionais e cun clima máis suave para pasar o inverno. Gracias a este fenómeno migratorio, nesta época os aficionados á natureza e á ornitoloxía podemos disfrutar dunha maior variedade de especies e dun maior número de exemplares. Nestos meses a ría de Ribadeo está rebosante de vida, e son moitas as aves que se poden ver con facilidade.
Invernantes na ría |
Centenares de anátidas (a familia dos patos), ardeidas (garzas), láridos (gaivotas), etc., déixanse ver por tódalas partes da ría. Cada familia soe ter uns lugares ou zonas favoritos, según o hábitat que prefiran. Así, as ardeidas destacan polo seu gran número na enseada da Liñeira e O Esquilo, onde se poden contar deceas de garzotas e garzas reais. Tamén é fácil ver cullereiros, invernantes habituais na ría, así como diferentes especies de limícolas coma mazaricos, biluricos, pilros... E anátidas coma o abundante pato asubiador ou o común lavanco son frecuentes aquí.
Cullereiro, lavancos e patos asubiadores na enseada da Liñeira |
Pola súa parte, especies coma o pato rabilongo ou as cercetas prefiren a zona do Muro de Lamas, sendo o observatorio de Reme un bo punto para a súa observación. Estos días cóntanse por centos estas anátidas aquí, sendo o mellor momento para poder velas a menor distancia as horas previas a que a preamar cubra a zona de limos fronte ó observatorio.
Muro de Lamas - Ría de Ribadeo |
Anátidas desde o observatorio de Reme |
Tamén aquí poden verse nestos meses unha grande cantidade de limícolas coma mazaricos reais ou mazaricos chiadores, que se poden ver tamén moi ben na zona próxima á desembocadura do río Grande, unha vez pasado Reme.
Limícolas no Muro de Lamas |
Son moitas as posibilidades para achegarse ó mundo das aves na ría de Ribadeo, e tanto o máis experto ornitólogo coma o simple aficionado ou quen desexe iniciarse nesta afición, dispón dun valioso ecosistema do que poder disfrutar. Entre todos temos que concienciarnos da importancia deste espazo natural, e ser capaces de protexelo e valoralo como se merece. Para elo é imprescindible coñecelo, e desde este blog, na medida das súas posibilidades, é o que se pretende, dar a coñecer a importancia deste humidal. Desgraciadamente está ainda moi pouco protexido e valorado, e está continuamente exposto a un gran número de ameazas, casi todas elas relacionadas coa actividade humana. E o primeiro paso para protexelo, é coñecelo e valoralo.
Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
Noraboa polo traballo. Aproveitaremos o que ppoidamos .... Sorte e a seguir ...
ResponderEliminarManel
Moitas gracias Manel. Unha aperta.
ResponderEliminar