Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 10 de febrero de 2012

Lagarteiro: Ave do Ano 2012 en Galicia


Lagarteiro / Falco tinnunculus. Ave do ano en Galicia 2012.

Este ano a Sociedade Galega de Ornitoloxía elexiu o lagarteiro (falco tinnunculus / cernícalo) coma Ave do Ano 2012. Trátase dunha fermosa rapaz que é moi fácil de observar en toda a península. A súa estampa máis habitual é velo peneirándose sobre algunha presa, batendo a ás rápidamente e coa cola aberta en forma de abano. Ainda que é bastante común, a súa poboación está a disminuir, polo que hai que tomar tódalas medidas necesarias par invertir esta tendencia. E como sempre digo, o primeiro paso para protexer algo, é coñecelo e valoralo, polo que desde aquí animo a todos os afeizoados á natureza a disfrutar desta pequena ave de presa.



Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario