Páginas del blog Ría de Ribadeo

martes, 28 de agosto de 2012

Aves en paso pola ría


De novo por terras galegas, non podo pasar sen facela visita de rigor pola ría, para ver o que se move estes días por aquí. E por agora ningunha sorpresa, se non o habitual nestas datas, aves residentes e aves en paso migratorio.

Por exemplo, unha boa morea de garzas reais, pescando na baixamar nas zonas menos profundas, coma esta, que deu boa conta dunha anguila.








Outras habituais son as omnipresentes gaivotas choronas, lucindo xa a plumaxe invernal.


Gaivota chorona





Outro clásico da ría, as garzotas.


Garzota


Como dicía antes, nesta época hai moito movemento de determinadas especies que están a realizar a súa migración posnupcial. Moitas destas especies en paso utilizan a nosa ría coma “área de descanso”, na que parar a tomar un tentempé e repoñer forzas antes de continuar viaxe cara ó seu punto de destino. É o caso por exemplo dos mazaricos ou dos biluricos, que agora se poden ver en gran número. Aínda que tamén hai exemplares destas especies que elixirán a ría de Ribadeo como o seu destino final, e pasarán aquí o inverno.

Mazarico chiador









Bilurico pativerde


Outra destas especies en paso, pero tamén invernante na ría, é o bilurico das rochas, ou bilurico bailón (o de “bailón” ven do seu continuo balanceo, como se pode apreciar no video).










Velaquí un pequeno listado das especies que identifiquei hoxe:

ánade real / anas platyrhynchos / lavanco
cormorán / phalacrocorax carbo / corvo mariño
garceta / egretta garzetta / garzota
garza real / ardea cinerea / garza real
azor / accipiter gentilis / azor
correlimos común / calidris alpina / pilro común - pilro curlibico
zarapito trinador / numenius phaeopus / mazarico chiador
archibebe claro / tringa nebularia / bilurico pativerde - bilurico claro
andarríos chico / actitis hypoleucos / bilurico das rochas
gaviota reidora / larus ridibundus / gaivota chorona
gaviota sombría / larus fuscus / gaivota escura
gaviota patiamarilla / larus michahellis / gaivota patiamarela
charrán patinegro / sterna sandvicensis / carrán cristado
martín pescador / alcedo atthis / picapeixe - martiño peixeiro



Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
 

2 comentarios:

  1. Fantástico recorrido por la Ría de Ribadeo. Me ha servido de inspiración para escribir en mi blog.

    El Ángel de Olavide.: La vida natural en la Ría de Ribadeo.

    Un saludo y felicidades por tu hermoso y admirable trabajo.

    Ángel Alda

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias por tu comentario, Ángel. Te respondo al mismo en tu propio blog.
    Un saludo.

    ResponderEliminar