O vindeiro fin de semana celebraremos en Ribadeo o Día Mundial dos Humidais. Por segundo ano consecutivo, levaremos a cabo varias actividades para conmemorar esta data. Esta é a axenda prevista:
Sábado 2 de febreiro
- 10:00: Ruta de iniciación á ornitoloxía pola ría de Ribadeo. Para asistir, é imprescindible reservar plaza con antelación, acudindo á Oficina de Turismo, ou chamando ó teléfono 982 128 689.
- 18:30: Conferencia de Antonio Sandoval Rey, quen nos falará sobre a importancia da ría de Ribadeo para as aves, e nos presentará o seu último libro "¿Para qué sirven las aves?". O acto terá lugar na Casa das Letras.
Domingo 3 de febreiro
- 10:00: Ruta de iniciación á ornitoloxía pola ría de Ribadeo. Para asistir, é imprescindible reservar plaza con antelación, acudindo á Oficina de Turismo, ou chamando ó teléfono 982 128 689.
Enrique Sampedro Miranda
Que todo saia estupendamente, Quique. E dalle recordos a Toñete da miña parte.
ResponderEliminarUnha aperta.
Gracias Xabi. A ver si para o ano están as cousas mais tranquilas e podes achegarte por aquí. Unha aperta.
ResponderEliminar