Son datas de paso de aves migratorias pola nosa costa, e comezan xa a verse observacións interesantes. O pasado xoves Pablo García avisoume de que vira na charca de Rinlo un exemplar de bilurico bastardo (Tringa glareola), e o venres fomos os dous xuntos a ver si seguía por alí. Para a nosa sorpresa, non só seguía alí, senón que había tres exemplares. Aquí van algunhas fotos.
Ademais dos biluricos bastardos, chamounos tamén a atención a presenza de pilros pequenos (Calidris minuta).
Pilro pequeno |
Pilro pequeno xunto a bilurico bastardo |
O baixo nivel de auga da charca nestes momentos parece ser da querenza das aves limícolas que pasan por alí, xa que había varias especies. Ademais das citadas anteriormente, había tamén outras coma píllaras reais (Charadrius hiaticula), becacinas (Gallinago gallinago) ou biluricos comúns (Tringa totanus).
Charca de Rinlo |
Píllara real |
Pilro pequeno, píllara real e bilurico bastardo |
Bilurico común e bilurico bastardo |
Píllaras reais e pilro pequeno |
Tamén decidiu pasar por alí unha garza real (Ardea cinerea), que non por ser máis común, deixa de ser fermosa.
Xa mirando cara ó mar, vimos pasar tamén un bando de mazaricos (Numenius spp.) e outro de pentumeiros (Melanitta nigra).
E para rematar esta breve entrada, unhas fotos deste exemplar de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), cunha anela verde co código CG branco. Segundo as averiguacións de Gilberto Sánchez, quen se nos uniu posteriormente, provén dun programa de anelamento do Pais Vasco.
Pena Corveira (Rinlo) |
Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
Hai que ver que bo ollo, nalgunhas fotos as aves camúflanse tan ben coas rochas que custa velas.
ResponderEliminarPois sí, a mín tamén me custou encontrar os bichos nalgunhas fotos unha vez que as vin na casa. Pero sabía que estaban aí, porque no campo saquei as fotos véndoos : )
EliminarMmmm, nas fotos 7 e 10, seguro que era un glareola? A min paréceme de tamaño e proporción de Tringa grande (totanus xuv ou rareza al canto).
ResponderEliminarVou ter que ir por ahí a afotar eu tamén. Si que é unha mina esta charca.
Pois sí Xabi, o desas fotos pode ser un bilurico común, que tamén andaba por alí. Pero os outros son bastardos, seguro.
EliminarPois si queres volver por alí, agora é un bo momento, así que xa sabes.
Eu pasei por Ortigueira fai unha semana, pero só de paso, e non puiden parar na ría. Acordeime de ti, como non podía ser doutra forma.
Que os outros son glareola non teño dúbida. Coas fotazas do "maquinón" hai que ter 15 diotría para non velo. Falaba só desas fotos, ollo.
EliminarO de Ortigueira diralo pola miña faceta de tocarlle a "ghaita" a algúns, non si? (é broma)