Páginas del blog Ría de Ribadeo

sábado, 31 de agosto de 2013

O corvo mariño cristado observado en Rinlo provén do País Vasco

O venres 16 de agosto, na compaña de Pablo García "Miki" e de Gilberto Sánchez, observamos un exemplar de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) anelado. Estaba pousado na Pena Corveira, en Rinlo. Na súa pata esquerda lucía unha anela verde co código en branco CG. 






Tralas primeiras averiguacións "in situ" do propio Gilberto, soubemos que proviña dun programa de anelamento do País Vasco, pero sin ter máis detalles. Días despois, pola miña conta, conseguín saber quen era a persoa responsable do proxecto de anelamento, e contactar con ela para comunicarlle a cita. Trátase de Jon Hidalgo, que moi amablemente me enviou as informacións que tiñan rexistradas deste exemplar de corvo mariño cristado.



Gracias a estas informacións, sabemos que é un individuo nacido este ano, e anelado o 24 de abril no País Vasco, concretamente na localidade biscaína de Barrika. En posteriores datas dos meses de xuño e xullo seguiuse observando e rexistrando a súa presenza pola misma zona, ata o día 20 de xullo, data da última observación alí. Posteriormente non se tiveron máis informacións ata que o 16 de agosto o vimos nosoutros nesta zona da costa ribadense. Así pois, este exemplar de primeiro ano foi detectado a uns 350 km. da súa colonia de nacemento.


Esta práctica dos exemplares xuvenís de alonxarse do seu lugar de nacemento coñécese como dispersión xuvenil. No caso do corvo mariño cristado, segundo diversos estudios (ver "Cormorán moñudo ibérico: movimientos y dispersión", David Álvarez), a dispersión no caso de exemplares xuvenís é moito maior que a dos adultos, que xeralmente se desplazan a distancias moito menores. Ademáis, esta dispersión xuvenil soe producirse tras abandonar as aves a súa colonia de cría, a onde volverán nos seguintes anos para reproducirse. Este comportamento coñécese co nome de filopatría.

Antes de despedirme, aproveito para dar públicamente as grazas a Jon Hidalgo pola súa rápida resposta e as informacións ofrecidas.


Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario