Estamos a inicios de agosto e comezan a verse xa os primeiros síntomas
do paso migratorio posnupcial, tanto no interior da Ría de Ribadeo coma
pola rasa costeira mariñá. Onte fixen unha saída rápida pola zona para
botar un vistazo, e en efecto, ainda que levemente, xa se aprecia ese
movemento de aves en migración. Serei breve, xa que non dispoño de moito
tempo para escribir esta entrada.
|
Ría de Ribadeo |
No Muro das Lamas contei 55 mazaricos, a maioría deles chiadores (Numenius phaeopus) ainda que polo medio había tamén algún real (Numenius arquata). Pouco máis por alí, aparte dalgún que outro lavanco (Anas platyrhynchos), unha garza real (Ardea cinerea) e unha garzota (Egretta garzetta).
|
Mazaricos |
|
Garzota |
|
Garza real |
Na praia de Salías o máis abondante eran as gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus), unhas 150, xunto con varias escuras (Larus fuscus) e patiamarelas (Larus michaellis). Entre os penedos da beira, case desapercibidas, había tamén dúas píllaras reais (Charadrius hiaticula). E no interior da enseada da Lieira en torno a dous centos de lavancos.
|
Gaivotas, choronas na súa maioría |
|
Gaivota chorona adulta mudando cara a plumaxe de inverno |
|
Gaivota chorona xuvenil |
|
Gaivota escura, entre as choronas |
|
Píllaras reais |
|
Píllara real |
Despois desta volta rápida á ría achegueime un cacho ata os cantís da costa ribadense. Alí puiden ver tamén varios bandos de mazaricos en paso, coma este, de 22 exemplares.
E como é o habitual desde esta zona, observei tamén mazcatos (como se lle chaman aquí ós Morus bassanus, e non “mascatos”), pentumeiros (
Melanitta nigra) e corvos mariños cristados (
Phalacrocorax aristotelis).
|
Corvos mariños cristados |
O que, ainda sen ser nada do outro mundo, non é tampouco tan habitual, é poder ver algún cetáceo, coma este exemplar de golfiño do que disfrutei durante uns minutos nadando moi perto da costa (Arroaz / Delfín mular / Tursiops truncatus).
Saúdos e graciñas por lerme.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
Xa temos identificado o bicho. Trátase dun arroaz, Tursiops truncatus. Gracias á axuda de Alfredo López no Facebook.
ResponderEliminarParece que a cousa empeza a animarse pola Mariña!!
ResponderEliminarAsí é, comeza o movemento.
EliminarUn saúdo.
Vaia carallo. Precisamente veño de facer un post cunha foto de Arroás e na que falo tamén da diferente nomenclatura dos animais por mor doseseio implosivo (Arroás/Arroáz, Mazcato/Mascato, etc).
ResponderEliminarTi és telépata, macho.
Mira Bichos!