Páginas del blog Ría de Ribadeo

martes, 27 de diciembre de 2011

Esta tarde en Ribadeo

Na tarde de hoxe, pola ría de Ribadeo, fixen algún conteo de especies habituais nestas datas. Ainda que censar non é o meu, e prefiro observar tranquilamente e anotar as especies que identifico, recoñezo que é interesante ter datos numéricos da presenza dunha ou outra especie. O malo desta falta de costume e experiencia, é que se me botou o tempo enriba, e non puiden censar todo o estuario, senon só algunhas zonas e algunhas especies. Así e todo, e sen que sirva de precedente, aquí van algunhas cifras:

Na enseada do Esquilo (Castropol):
4 pilros gordos (correlimos gordo / calidris cannutus)
17 biluricos claros (archibebe claro / tringa nebularia)
4 mazaricos chiadores (zarapito trinador / numenius phaeopus)
73 garzotas (garceta / egretta garzetta)
15 garzas reais (garza real / ardea cinerea)
8 cullereiros (espátula / platalea leucorodia)
153 lavancos (ánade real / anas platyrhynchos)
75 patos asubiadores (ánade silbón / anas penelope)
1 mobella grande (colimbo grande / gavia immer)

Biluricos e pilros nun illote

Ademáis destas especies que puiden contar, había tamén outras especies habituais coma corvos mariños (cormorán grande / phalacrocorax carbo), gaivota patiamarela (gaviota patiamarilla, larus michahellis), gaivota chorona (gaviota reidora / larus ridibundus), gaivota escura (gaviota sombría / larus fuscus), etc.

Como dicía, a miña intención era continuar censando por outras zonas da ría polo menos estas mesmas especies para ter números totais de todo o estuario, pero o tempo botóuseme enriba e a estupenda luz foise marchando. Boa parte da culpa disto tívoa a mobella grande citada anteriormente, na que estivemos centrados un bo rato intentando aclarar si era unha mobella grande ou unha ártica. Digo estivemos, porque hoxe compartín as observacións con Iván Lombardero, técnico de sostibilidade do concello de Ribadeo. Finalmente e tras varias observacións entre mergullo e mergullo do animal, convimos en que se trataba da grande.

Enseada do Esquilo

Despois do Esquilo fomos ó observatorio de Reme. Onte mesmo desde alí estiven vendo á pescadora (pandion haliaetus) no seu pousadoiro habitual, e tamén facendo uns cantos lances de pesca, algún deles con éxito, tralo que voltaba ó pousadoiro para dar boa conta da presa. Pero hoxe non a vimos. O que sí vimos, xa coas últimas luces da xornada, foi unha boa morea de patos rabilongos (ánade rabudo / anas acuta), asubiadores (ánade silbón / anas penelope), lavancos (ánade real / anas platyrhynchos), algún frisado (ánade friso / anas strepera) e tamén outra mobella grande (colimbo grande / gavia immer).

Ría de Ribadeo desde o observatorio de Reme

Por último, e xa case sen luz, fomos á zona do Muro de Lamas, onde vimos mazaricos reais (zarapito real / numenius arquata), carrán cristado (charrán patinegro / sterna sandvicensis) e contamos 73 cercetas (anas crecca).

Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

2 comentarios:

  1. ¡Que maravilla poder observar tantas y tan emblemáticas especies!
    Felices fiestas.

    ResponderEliminar
  2. Es un privilegio, la verdad. Si algún día te apetece venir a observarlas por ti mismo, estaré encantado de hacer de "guía", Jesús. Un saludo y felices fiestas.

    ResponderEliminar