Ainda que esta nova ten xa algúns días, paréceme bastante relevante como para traéla ó blog. Un alto cargo do ministerio visitou fai unhas semanas varios municipios da reserva, e fixo unhas declaracións nas que se mostraba seguro da continuidade da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Anunciou que próximamente a Xunta de Galicia e o Principado de Asturias constituirán o órgano xestor. Esperemos que así sexa, e que por fin poidamos ver dunha vez actuacións e políticas concretas que favorezan e desenrolen as potencialidades da reserva.
Esta é a nova recollida por El Progreso:
Ría de Ribadeo - Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón |
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario