Páginas del blog Ría de Ribadeo

martes, 6 de noviembre de 2012

A Reserva da Biosfera, ¿por fin en marcha?

Hoxe saía publicado en La nueva España unha nova segundo a que os gobernos da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias, poderían reunirse antes de finais de ano cos 14 municipios galegos e asturianos que forman a Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón. Este encontro sería para por en marcha o tan demandado órgano xestor da reserva, que leva sen constituírse desde que a UNESCO distinguira esta comarca astur-galaica coma Reserva da Biosfera, a única interautonómica de todo o Estado. Así pois, confiemos en que esta vez si, e por fin, despois de 5 anos, se poida constituír oficialmente o citado organismo. De non facelo, incumpriríase o prazo límite fixado polo comité da UNESCO para que tódalas reservas cumpran coa normativa e creen o seu órgano xestor, xa que este prazo finaliza en 2013. 

Ría de Ribadeo. Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón.


Desde este blog lévase pedindo fai moito tempo a urxencia desta actuación. E non só polo risco que podía supoñer o carecer deste organismo para que a UNESCO retirara a súa distinción, senón porque o considero imprescindible para poder levar a cabo políticas e liñas de acción comúns para toda a reserva. Trátase do primeiro paso para poder comezar a camiñar na boa dirección, e aproveitar en tódolos sentidos unha distinción que en moitos outros lugares devecen por ter, e nós, que a temos, estamos a desaproveitar.

Río Eo. Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón




Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

8 comentarios:

  1. Espero que se consiga pronto y de la major manera, no como nuestro Parque de Guadarrama, que le mutilaron por todos los lados y fue fuente de conflicto entre Castilla León y Madrid.
    Salud

    ResponderEliminar
  2. Se aseveraras en troques de informar, diría: que así sexa!. Como non é así, veremos ...

    ResponderEliminar
  3. Espero llegue a buen fin ese proyecto... saludos amigo

    ResponderEliminar
  4. Gracias a los tres por expresar aquí vuestro apoyo y buenos deseos. Estaremos al tanto de si se concreta el tema.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  5. Andamos non hai moito esas terras...a ver se chega a bo porto a idea se pon a andar, e polo menos acaban co Carpobrotus da Illa Pancha!...eu xa me conformaría.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Rafael. Pois non é tarefa sinxela... Hai pouco xa se realizaron nestes cantís limpezas das uňas de gato, pero como soe ocorrer coas especies invasoras, ao final acaban por volver extenderse.
      Un saudo.

      Eliminar
  6. Me temo que se chegan a reunirse sera pra ver que subencios poden pedir a UE, a ver como poden sacar tallada a costa da ria, eo nun me faria moitas ilusios...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Está claro que as subvencións son o caramelo que mais atrae. Pero tampouco está mal. Son un elemento mais do que se pode beneficiar toda a zona. Ata o de agora, xa houbo sunbvencións para reparar construccións tradicionais (cabazos, alpendres, etc.) do que se beneficiaron moitos particulares. Tamén houbo actuacións públicas como melloras na eficiencia das farolas nalgúns municipios da reserva, ou cursos de formación para desempregados. As Reservas da Biosfera teñen como función, ademais da conservación e protección da biodiversidade, o desenvolvemento económico e humano, posto que conciven o territorio coma unha simbiose entre o entorno e o ser humano. Trátase de potenciar un desenvolvemento sostible, o que non é sinxelo, pero creo que a idea é moi positiva. E ainda que por agora sexan accións simbólicas e pequenas, isto é mellor que nada, e por algo se empeza. Eu, sen ningunha dúbida, estou completamente a favor da reserva, e penso que é un valor potencial que pode dar moitísimo de sí. E iso sin falar xa do que a propia marca "Reserva da Biosfera" nos pode dar.
      Vaia charla que acabo de botar... ja, ja, ja.

      Eliminar