Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Bicheando por Rinlo

Rinlo é un dos meus lugares preferidos para pasear durante esta época do ano. Cando hai temporais coma os destes días, e o mar se pon bravo, alí pódese apreciar a súa forza e beleza coma en poucos lugares.

Penedo do corvo, Rinlo.



 
Pero ademais da paisaxe, resulta tamén un lugar moi bo para a observación de aves. A súa situación costeira é óptima para poder avistar aves mariñas, tanto as peláxicas, que pasan voando sobre o mar e se poden ver desde terra, como as máis costeiras. 




 
Conta tamén cun lugar sorprendente no que se teñen observadas xa bastantes rarezas, coñecido polos afeccionados á ornitoloxía como a “charca de Rinlo”. É a escavación onde se ía instalar a polémica piscifactoría, que ó encherse coas augas pluviais, en determinadas épocas chega a ser un auténtico humidal. 
E por último, hai unha ampla zona circundante de praderías, matogueiras, árbores e regatos, idóneos para albergar unha grande biodiversidade.



 
Nesta ocasión fun co meu amigo Páblo García (Miki), de quen teño falado xa moitas veces no blog. É unha sorte poder coñecer a unha persoa coma el, con quen compartir afección, paseos, e intercambiar información das nosas observacións cando andamos lonxe.

Indo xa coas observacións, na zona costeira, o máis destacado foron estas píllaras cincentas (Pluvialis squaratola), nos penedos próximos á terceira cetárea.

Píllaras cincentas (Pluvialis squaratola)



 
Pluvialis squaratola. Foto: Pablo García


 
No penedo do corvo, os sempre presentes corvos mariños, tanto o grande (Phalacrocorax carbo) coma o cristado (Phalacrocorax aristotelis).

Corvos mariños grandes e corvos mariños cristados

Corvos mariños grandes (enriba) e cristados (abaixo)





Compárese os Phalacrocorax carbo, máis grandes, cos Phalacrocorax aristotelis, de menor tamaño.
Ó exemplar da dereita pódeselle apreciar a "crista" pola que reciben o seu nome en galego.
 
E nesta mesma zona, Pablo conseguiu fotografar esta rareza. En verdade un bicho ben raro...




 
Falando de rarezas, na charca de Rinlo, aínda con moi pouca auga, non vimos ningunha nesta ocasión. Así que tiramos pronto para a zona de praderías, onde vimos gran variedade de paseriformes: paporrubio (Erithacus rubecula), chasco (Saxicola torquatus), pimpín (Fringilla coelebs), xílgaros (Carduelis carduelis), pica dos prados (Anthus pratensis)... Nun prado descubrimos a presenza de tres ou catro virapedras (Arenaria interpres). Noutro, unhas poucas perdices (Alectoris rufa), que facía moito tempo que non vía por aquí, e un peto verde (Picus viridis) moito máis común na zona. 
E finalizo a entrada con estas fotos dun lagarteiro (Falco tinnunculus) pousado nunha estaca. O lagarteiro foi elixido ave do ano 2012 en Galicia pola Sociedade Galega de Ornitoloxía.





Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com


6 comentarios:

  1. ¡¡excelente exposición¡¡ como sempre, pero faltanche as picas de richard anque fora outro dia, saudos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Pablo.
      E esa observación que dices déixoa para poñer nunha entrada a parte, que ben o merece, despois do tempo que levaba detrás delas. Je, je, je.
      Vémonos.

      Eliminar
  2. Genial Quique, los comentarios y las fotos. Que gusto estar en el mar, disfrutando de los acantilados. Me gusta el galego, se entiende muy bien por lo menos al leerlo.
    Me hizo mucha gracia la foto que te hizo Pablo y en la que pones: "un bicho ben raro..."
    Lo dicho, a ver si veo pronto al gavión atlántico y me da que será contigo, jejeje
    Un abrazo. Miguel

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Míguel. Ya sabes que estoy deseando que vengas por aquí. Es cuestión de buscar el momento (que no es fácil, la verdad). Nos vemos cuando vuelva por ahí la semana que viene, espero que el jueves.
      Un abrazo.

      Eliminar
  3. Para un observador de aves tiene que ser una pasada ese lugar... saludos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí Víctor, lo es. Tenemos que hacer un "intercambio" para conocer nuestras tierras, puesto que yo tampoco he estado en Canarias, y es un lugar que tengo muchas ganas de conocer.
      Un saludo.

      Eliminar