Páginas del blog Ría de Ribadeo

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Datos de censo de aves na ría (Inv. 2012-13)

O pasado domingo 2/12/2012 Pablo García e mais eu fixemos un censo de aves na ría de Ribadeo. Antes de dar os datos, aclarar que non se pode considerar un censo exhaustivo, xa que ningún dos dous temos experiencia en censar, e con toda seguridade se nos quedaron cousas sen ver e sen contar. Polo que de antemán vos pedimos xa que sexades benevolentes...  Por exemplo, as cifras das anátidas non son nada precisas, xa que que non conseguimos obter unha boa perspectiva desde a que contalas ben. Son números aproximados, e sabemos que en varias especies, menores do que realmente había. Igual pode pasar con outras familias como as gaivotas. Non obstante, para facernos unha idea de cómo está a ría nesta época, pode servir.

Por último, comentar tamén que cando estábamos en plena faena, encontrámonos co amigo Pablo Fernández, quen nos pasou unhas cantas observacións que acababa de facer pola ría.  Varias das especies que nos comentou sí que as vimos posteriormente, pero outras non. Así pois, meterei tamén estas citas súas no censo, de aves que nosoutros non localizamos. Irán marcadas coas iniciais P.F. entre paréntesis. Gracias Pablo.

Aquí van pois os datos numéricos, nomeando as especies, como é habitual neste blog, cos seus nomes en Castellano / Científico / Galego.


Ánade silbón / Anas penelope / asubiador - pato asubión: 771

Ánade friso / Anas strepera / pato frisado: 15

Cerceta / Anas crecca / cerceta: 81

Ánade azulón / Anas platyrhynchos / lavanco: 388

Ánade rabudo / Anas acuta / pato rabilongo: 150

Porrón bastardo / Aythya marila / pato bastardo - pato caribranco: 1 (P.F.)

Negrón / Melanitta nigra / pentumeiro: 13

Serreta mediana / Mergus serrator / mergo cristado: 1 (P.F.)

Colimbo grande / Gavia immer / mobella grande: 2

Somormujo lavanco / Podiceps cristatus / mergullón cristado: 1 (P.F.)

Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / mergullón de pescozo negro - mergullón orelleiro: 3

Cormorán / Phalacrocorax carbo / corvo mariño: 51

Garceta / Egretta garzetta / garzota: 38

Garceta grande / Egretta alba / garzota grande: 1

Garza real / Ardea cinerea / garza real: 16

Espátula / Platalea leucorodia / cullereiro: 9

Águila pescadora / Pandion haliaetus / aguia pescadora: 1

Ostrero / Haematopus ostralegus / lampareiro - gabita: 5

Correlimos gordo / Calidris canutus / pilro gordo: 6

Correlimos común / Calidris alpina / pilro común - pilro curlibico: 275 (un número altísimo para a ría)

Zarapito real / Numenius arquata / mazarico real: 74

Archibebe claro / Tringa nebularia / bilurico pativerde - bilurico claro: 43

Andarríos chico / Actitis hypoleucos / bilurico das rochas - bilurico bailón: 9

Aguja colinegra / Limosa limosa / mazarico rabinegro: 2

Aguja colipinta / Limosa lapponica / mazarico rubio - mazarico rabipinto: 5

Gaviota reidora / Larus ridibundus / gaivota chorona: 44

Gaviota cana / Larus canus / gaivota cana: 2 (P.F.)

Gaviota sombría / Larus fuscus / gaivota escura: 24

Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / gaivota patiamarela: 36

Gavión atlántico / Larus marinus / gaivotón: 13

Charrán patinegro / Sterna sandvicensis / carrán cristado: 1 (P.F.)

Martín pescador / Alcedo atthis / picapeixe - martiño peixeiro: 1



Mobella grande / Gavia immer (Foto: Pablo "Miki" García)

Mobella grande / Gavia immer (Foto: Pablo "Miki" García)

Mergullón de pescozo negro / Podiceps nigricollis (Foto: Pablo "Miki" García)

Pilros gordos / Calidris canuta (Foto: Pablo "Miki" García)

Patos rabilongos / Anas acuta (Foto: Pablo "Miki" García)



Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

8 comentarios:

  1. Que bárbaro¡

    Ni el Instituto Nacional de Estadística prepara censos de personas con tanta precisión. Solo os ha faltado poner nombre a cada pajarito...

    Felicidades

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Ángel. Bueno, espero que el INE sea más preciso. Pero vamos, que esto de los censos de aves sí que tiene su ciencia.
      Un saludo.

      Eliminar
  2. Olá de novo, Quique:

    Pola parte que me toca (sei que son unha das "causas")douche os meus parabéns por comezar, finalmente, esta aventura do censo. Canto máis censes, máis te há gostar; non o dubides.

    Antes de nada teño que dicirche, desde a miña experiencia, que os censo en rías son sempre aproximados. Nunha lagoa mesetaria de Ávila ou nun pequeno encoro como As Forcadas o cálculo das aves que invernan pode ser certamente doado e moi preciso. Pero nunha ría potente, como é Ribadeo, as cousas son máis complicadas. Temos mareas, xente facendo remo que nos levantan as aves cando íamos pola metade do reconto, mariscadoras faenando no intermareal se vamos en días laborábeis, etc... Así que non te preocupes, que estas cousas nos pasan a todos. Para completar un censo de garantías é necesario facer unha segunda ou unha terceira visita, a menos que sexas unha persoa con moita experiencia.

    Desde logo, polas cifras que dás, paréceme un censo bastante interesante!! Con cifras moi baixas nalgunhas especies (como L.ridibundus ou N.arquata, por exemplo) pero iso é normal cando se empeza. Sen embargo, nalgunhas anátidas como A.platyrhynchos ou A. penelope, semellan uns números bastante normais para a época, e moi parecidos aos que eu contaría a estas alturas.

    Para os A. acuta o mellor método (na miña humilde opinión) é contar desde Vilavedelle con baixamar viva. Daquela a canle central estréitase moito e as aves descansan a un lado e a outro da canle, resulatndo moi fácil o seu censo, e cunha precisión de 99-100 %. Pero se vas ao Muro das Lamas con preamar, podes morrer intentando diferenciar as femias de acuta das de penelope, algo extremadamente difícil se non tés práctica.

    Unha aperta.

    PD: Non son tantos C. alpina. Pásoche os censo da SGHN dos tres últimos anos: 302, 417 e 288 exemplares. Sí é certo que houbo unas anos con invernadas moi pobres, pero parece que se recupera a especie.

    ResponderEliminar
  3. Ola Xabi. Por suposto, ti fuches unha das principais "causas" de que me decidira a facer o censo. Fuches quen me metiches a idea na cabeza, xa que sempre me estabas a pedir cifras, e animándome a facelo. Así que esta entrada vai adicada a ti ;)
    Outra das causas foi tamén contar coa axuda de Pablo García, xa que entre dous, foi moito máis doado. Si non fora por el, tampouco sería posible.
    Moitas grazas polas túas palabras, e polos teus ánimos. E grazas tamén polos consellos, que terei en conta para futuras ocasións. O da marea baixa para contar os rabilongos seguro que nos tería vido moi ben, porque foi do máis complicado. Para a próxima, farémolo así.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Unos excelentes datos de la Biodiversidad de la Ría y un trabajo meticuloso.
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Jesús. Para ser la primera vez que hacíamos esto, creo que no ha estado mal. Repetiremos en más ocasiones.
      Un saludo.

      Eliminar
  5. Que gozada de ría, si es que mira que me voy para allá jajaja. Estos biomas son increíbles y haberlos haylos como las meigas. jaja Un abrazo. Gonzalo Criado.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues ya sabes Gonzalo, tienes que hacer una visita a la zona. Tú que sueles tirar más hacia las Rías Baixas, en una de esas te desvías un poco, y tiras hacia el Norte ; )
      Un abrazo.

      Eliminar