Onte saín dar unha volta pola ría xunto con dous colegas, o albaceteño Francisco Tornero Iranzo e mailo veciño de Lourenzá Luís Javier Cantil Rodríguez. A ningún dos dous os coñecía persoalmente, e isto é outra das cousas boas que ten esta bonita afección á ornitoloxía, que é a de coñecer xente.
Comezamos a saída pola enseada da Lieira, en Castropol. Alí tivemos a oportunidade de probar os dous novos observatorios ornitolóxicos instalados recentemente polo Principado de Asturias, un na praia de Salías e outro no núcleo urbán da Lieira. Na miña opinión, está mellor situado o primeiro que o segundo, pero en calquera caso, ambos veñen a dotar á ría dunhas mínimas infraestruturas para a práctica da ornitoloxía, das que andaba moi necesitada. Xunto a estes dous, instalouse outro máis na desembocadura do río Seares, preto da Veiga. A ver si as administracións galegas toman nota e fan o propio na marxe esquerda da ría, onde só contamos co observatorio de Reme, que non soe estar nas mellores condicións de limpeza, e tampouco está no mellor dos lugares.

Lampareiro, gaivota a pilros na enseada da Lieira |
Pirlos comúns |
Pero imos ó gran. En canto a bichos se refire, pola Lieira había máis ou menos o esperado: 6 cullereiros (Platalea leucorodia); 1 lampareiro (Haematopus ostralegus); un gran bando de pilros comúns (Calidris alpina) que podería roldar os 275 ex. que censamos en novembro; biluricos pativerdes (Tringa nebularia); 4 mazaricos rabipintos (Limosa lapponica); mazaricos (Numenius spp.); patos asubións (Anas penelope); lavancos (Anas platyrhynchos); garzotas (Egretta garzetta)...
Os 6 cullereiros que había onte |
Cullereiros |
Desde alí fomos ó puntal de Castropol, na busca dalgunha mobella grande (Gavia immer). E efectivamente, conseguimos observar dous exemplares. Tamén vimos algunha das femias de pentumeiro (Melanitta nigra), e ó lonxe, 3 bichos non identificados, que poderían ser os 3 mergos cristados (Mergus serrator) que andan estes días polo estuario. Pero isto son só elucubracións, porque estaban moi lonxe, e nin sequera puidemos verlles ben as siluetas.
No porto da Veiga fixemos unha breve parada para ver algún bilurico das rochas (Actitis hypoleucos), e éste non faltou á súa cita.
No porto da Veiga fixemos unha breve parada para ver algún bilurico das rochas (Actitis hypoleucos), e éste non faltou á súa cita.
Bilurico das rochas |
Desde o Muro de Lamas, xa na beira galega da ría, congregábanse coma sempre na preamar un gran número de mazaricos, neste caso, uns 100 ex.
Tamén desde este punto puidemos contar en torno a 600 patos asubións (Anas penelope). Preto da desembocadura do Río Grande concentrábanse tamén os patos rabilongos (Anas acuta) e as cercetas (Anas creca) en grande número, pero as árbores impedíannos ver os bandos completos e polo tanto contalos.
Patos rabilongos |
Onte non vimos a garzota grande (Egretta alba) pero por alí tiña que andar. Eu vina por última vez o día anterior ó pasar en coche.
O seguinte punto no que paramos foi o observatorio de Reme, onde non soe fallar a aguia pescadora (Pandion haliaetus), aínda que onte non a vimos. Pero si quero destacar que o día antes (23/12/2012) vin pola zona dúas voando xuntas, feito que me sorprendeu. E onte Pablo García comentoume que el tamén tivo a oportunidade de ver este outro exemplar, e púidolle tirar esta foto.

Foto: Pablo García |
Para rematar o paseo con estes dous colegas, e desde xa amigos, fixemos unha breve parada no peirao de Mirasol, ó pé da praia dos Broques, desde onde vimos outra mobella grande.
Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
Se segues así, conseguirás que me aprenda os bichos ...
ResponderEliminarPois mira, sería algo estupendo. Pero de momento xa me alegra ver que as miňas entradas son do teu interese. Un saúdo.
Eliminar