Hoxe viuse un pato crioulo (Cairina moschata / pato criollo) na ría de Ribadeo, concretamente na praia do Cargadeiro. Francisco Javier Peña Monjardín foi o observador e autor desta fotografía.
Cairina moschata. Foto: Francisco Javier Peña Monjardín. |
Inicialmente pensaba que estaba ferido ou enfermo, pero ó intentar achegarse a él para ver si se lle podía axudar, botou a voar.
Trátase dunha especie orixinaria de Centroamérica e Sudamérica, e presente en parques e xardíns europeos coma ave ornamental. Coñécese tamén cos nomes de pato mudo ou pato almiscreiro ("pato almizclero" en castelán). E probablemente este exemplar proveña dalgún xardín ou parque, ou dun escape. En calquera caso, non deixa de ser unha observación curiosa e toda unha rareza na ría de Ribadeo.
Aquí poden verse outras citas rexistradas no caderno de aves exóticas da SEO:
http://grupodeavesexoticas.blogspot.com.es/search/label/Cairina%20moschataMoitas gracias a Javier por ceder a imaxe para publicala no blog.
Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario