A Sociedade Galega de Historia Natural ven de alertar que a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Economía e Facenda, concedeu fai tempo un permiso de investigación mineira á empresa de capital canadense Goldquest Ibérica, S.L., para realizar estas actividades nunha zona que abarca diferentes espazos protexidos. Concretamente, afecta a terreos nada máis e nada menos que de dúas reservas da biosfera e dunha zona proposta na ampliación da Rede Natura 2000. Así, colle unha parte da zona galega da Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón, outra da Reserva da Biosfera Terras do Miño, e por último, unha parte da zona proposta como LIC Serra de Foncuberta para a ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia. Todos estes terreos pertencen ó municipio lugés de Becerreá, onde a empresa vai realizar as súas investigacións mineiras. Pero segundo a SGHN o impacto desta actividade tería lugar non só nos terreos deste concello, senon que posiblemente a sú afección faríase notar augas abaixo do río Eo, podendo chegar incluso á ría de Ribadeo.
Interior da Ría de Ribadeo e montes galegos pertencentes á Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón |
Para ter máis información sobre este tema, a senlleira SGHN acaba de solicitar ó Comité Español de Reservas da Biosfera que realice un informe sobre o posible impacto destas investigacións mineiras nos terreos de ambas reservas, e faga públicos os resultados.
Este é o texto íntegro do comunicado da SGHN:
Santiago de Compostela, 22-04-2013
A Consellería de Economía e Facenda outorgou á empresa Goldquest Ibérica, S.L. o permiso de investigación mineira denominado Lago (expediente 6053) para recursos da sección C (cinc, chumbo, prata, cobre e outros) no termo municipal de Becerreá (Lugo) para unha superficie de 68 cuadrículas mineiras (PDF). O permiso de investigación fora inicialmente solicitado pola empresa Lundin Mining Exploration, S.L., tamén canadiana (PDF).
Ademais de incluír unha importante superficie do LIC Serra de Foncuberta, contemplado na proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia actualmente en tramitación, as cuadrículas mineiras abarcadas polo permiso de investigación sitúanse case íntegramente en dúas Reservas da Biosfera:
- R.B. Río Eo-Oscos-Terras de Burón, con posibles afeccións directas sobre diversas zonas tampón e indirectas sobre a zona núcleo da cabeceira do río Eo, da que se situaría a escasa distancia. Unha afección á cabeceira do Eo podería ter consecuencias río abaixo, en zonas tampón da canle fluvial e tamén na desembocadura na Ría de Ribadeo, que é zona núcleo da Reserva, LIC e Zona Húmida de Importancia Internacional pola Convención de Ramsar.
- R.B. Terras do Miño, con posibles afeccións directas a unha gran superficie na bacía alta do río Miño declarada como zona tampón para protexer as cabeceiras da multitude de ríos e regatos que drenan este territorio.
Mapa elaborado pola SGHN. Fonte: web da SGHN. |
Por estes motivos, SGHN ven de solicitar ao Comité Español das Reservas da Biosfera (PDF):
Que realice de forma urxente e inmediata unha avaliación científica e obxectiva sobre o impacto deste permiso de investigación e a posible explotación mineira futura sobre o estado de conservación dos tipos de hábitats de interese comunitario e especies de flora e fauna estrictamente protexida no ámbito da Reserva da Biosfera Río Eo-Oscos-Burón e a Reserva da Biosfera de Terras do Miño.
Que os informes que se desprendan do mesmo se teñan en conta no proceso de avaliación decenal da Reserva da Biosfera Río Eo-Oscos-Burón e a Reserva da Biosfera de Terras do Miño, e sexan remitidos en consecuencia aos departamentos da UNESCO e da Rede Mundial de Reservas da Biosfera.
Desde o Blog Ría de Ribadeo, e penso que en nome dunha gran parte dos habitantes da comarca astur-galaica do Eo e do entorno da ría e do resto da reserva, aproveito para agradecer a esta organización naturalista galega a súa implicación e a iniciativa tomada neste asunto. Persoalmente non tiña constancia destes feitos, e de non ser por organizacións como a SGHN, probablemente tanto este coma outros casos similares nos pasarían desapercibidos á maioría da xente. Desde aquí teñen todo o apoio do blog, e o desexo de que coa súa actuación se dé algo máis de luz a este tema.
Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Moitas grazas por axudar a difundir a información sobre esta nova desfeita que queren levar a cabo as multinacionais canadianas nesta febre do ouro do século XXI. Con apoios como o voso os cidadáns poderán recibir a información que algúns medios de comunicación queren censurar.
ResponderEliminarXunta Directiva Xeral da SGHN
De nada, gracias a vos por denunciar estas situacións e estar pendentes destas cousas. E aproveito tamén para dar as gracias ó voso socio e meu amigo Xabi Prieto polas xestións para cambiar ese pequeno erro que había.
EliminarUn saúdo.
Hola Enrique.
ResponderEliminarNo conocía este potencial atentado contra una zona de gran valor, cerca de donde trabajo hay un caso similar, es en Cabana de Bergantiños: http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2013/03/19/mil-personas-solicitaron-empleo-mina-coristanco/703559.html
Un saludo y gracias por darle difusión.
Hola Rafael. Claro que conozco el caso de la mina de Corcoesto, cómo no, con lo que está saliendo en los medios últimamente. Ya ves que parece que estas cosas se están extendiendo por todas partes. Mi opinión es que hay que ser cautos y analizar bien cada caso en particular. No soy partidario de oponerse a todo por sistema, pero sí cuando esto afecta negativamente a espacios naturales. Es decir, analizar seriamente el impacto ambiental que supone cada caso, y tomar la decisión en base a eso. Ahí está la clave. Aunque claro, lo difícil es ser objetivos, porque cada parte defiende sus intereses. Para eso deberían estar las administraciones, para ser objetivas, pero por desgracia, sabemos que no suelen serlo.
EliminarUn saludo.