Teño xa o historial dos tres corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis) observados a pasada semana no Penedo do Corvo, en Rinlo, dos que falaba na anterior entrada. Facilitoumos David Álvarez (Blog Naturaleza Cantábrica), responsable do proxecto de anelamento desta especie nas colonias do Occidente de Asturias, a quen lle agradezo desde aquí a súa axuda. Os exemplares en cuestión son H4, 87 e F5.
De esquerda a dereita, os tres corvos mariños identificados: H4, 87 e F5 |
Como xa se vía polas características das anelas (código alfanumérico branco sobre anela de cor vermella) os tres exemplares foron anelados como dicía nas veciñas colonias do Occidente asturiano.Comezando por H4, foi anelado na Forcada, ó este de Tapia de Casariego, o 4 de maio do 2012, e observado nas seguintes ocasións:
Observación | Lugar Obs | Observador |
20/05/2012 | A Forcada | Ángeles Pastur |
18/06/2012 | A Forcada | Ángeles Pastur |
05/07/2012 | A Forcada | Ángeles Pastur |
15/07/2012 | A Forcada | Ángeles Pastur |
08/08/2012 | A Forcada | Ángeles Pastur |
12/03/2014 | Punta Feleiros (Ribadeo) | Carlos Murias |
17/04/2014 | Pta. Corveira, Rinlo (LU) | Enrique Sampedro |
H4, á esquerda da foto |
Pola súa banda, tanto 87 coma F5 proceden da colonia das Pantorgas, en Penarronda, e moito máis próxima ainda a Rinlo
O número 87 foi anelado o 9 de abril do 2010, e non se tiña volto a rexistrala súa observación ata agora. Así pois, sería unha boa nova para David saber da súa supervivencia ó longo destes 4 anos:
Observación | Lugar Obs | Observador |
17/04/2014 | Pta. Corveira, Rinlo (LU) | Enrique Sampedro |
En canto a F5, foi anelado o 27 de maio de 2013, e as seguintes observacións foron todas neste mesmo lugar:
Observación | Lugar Obs | Observador |
28/08/2013 | Pta. Corveira, Rinlo (LU) | Pablo Miki García |
29/08/2013 | Pta. Corveira, Rinlo (LU) | Gilberto Jardón |
18/11/2013 | Pta. Corveira, Rinlo (LU) | Pablo Miki García |
07/01/2014 | Pta. Corveira, Rinlo (LU) | Pablo Miki García |
17/04/2014 | Pta. Corveira, Rinlo (LU) | Enrique Sanpedro |
F5, á dereita |
Por outro lado, comentar tamén que había outro individuo anelado, ainda que neste caso cunha anela de cor verde. O código non llo puiden ler ben, e o máximo que teño é esta foto, na que tampouco se pode apreciar en condicións. Pola cores do código e da anela, pode ser un exemplar provinte do programa de anelamento do País Vasco, coordinado por Jon Hidalgo. Xa observamos aquí mesmo noutra ocasión un exemplar cunha anela deste tipo, e do que se falou tamén neste blog (ver entrada).
Individuo coa anela verde |
As informacións que se poden obter das análisis dos datos de todas estas observacións recollidas gracias ó anelamento das aves son de moito interese, tanto a nivel dos propios individuos en particular, coma da especie en xeral. Por este motivo son tan importantes os programas de anelamento científico, como comentei en anteriores ocasións.
Remata aquí esta entrada. A próxima será sobre as últimas observacións que fixen na Ría de Ribadeo, e que ainda teño pendente preparar o texto e as fotos. Ata entón, saúdos e graciñas por seguilo blog.
Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario