Pois o que se movía pola ría (que eu vira) a semana pasada, que foi cando fixen a miña última saída por alí, era o seguinte. Un grupo de 6 cullereiros (Platalea leucorodia / espátula), entre o que estaba o exemplar anelado que leva tempo na ría.
Nos mesmos penedos que estaban os cullereiros, na praia de Salías, habí tamén un par de garzas reais (Ardea cinerea / Garza real) e 3 lampareiros (Haematopus ostralegus / ostrero).
Polas beiras da Lieira movíase un grupo de 13 pilros comúns (Calidris alpina / correlimos común), 2 biluricos bailóns (Actitis hypoleucos / andarríos chico), 1 bilurico pativerde (Tringa nebularia / archibebe claro) e varios mazaricos (Numenius spp. / zarapitos).
Na zona interna da ría, pouca cousa. Un corvo mariño (Phalacrocorax carbo / cormorán grande) oteaba o panorama desde este pousadoiro, aproveitando a ausencia da súa propietaria lexítima, a nosa querida "Panchita".
Ainda que había outra pescadora (Pandion haliaetus / águila pescadora) na ría eses días, observada por Pablo Miki o 19 de abril, e que ademais estaba anelada. Trátase de este exemplar, unha femia procedente de Escocia, concretamente do lago Lomond, onde fora anelada o 5/07/2012. Gracias Pablo por pasarme os datos e estas boas fotos.
Foto: Pablo "Miki" García |
Foto: Pablo "Miki" García |
E para finalizar esta entrada, unhas fotos doutra das visitas que fixen á charca de Rinlo nestes días de Semana Santa. Seguía por alí a patuda (Himantopus himantopus / cigüeñuela) observada en días anteriores, varios lavancos (Anas platyrhynchos), tres culleretes (Anas clypeata / pato cuchara), 5 pilros comúns, e un bilurico patirrubio (Tringa totanus / archibebe común).
Enrique Sampedro Miranda
No hay comentarios:
Publicar un comentario