Páginas del blog Ría de Ribadeo

sábado, 8 de diciembre de 2018

Ría de Ribadeo: censo de aves invernantes (Inv. 2018-19)

Pilros comúns
Coma case tódolos anos, nunha das ocasións que veño a Ribadeo polo inverno, procuro facer o meu propio censo das aves invernantes que hai na ría. Normalmente fágoo na semana do nadal ou a primeiros de ano. Pero esta vez adiantei un pouco as datas, e fíxeno a primeiros de decembro, aproveitando a ponte da Inmaculada. 

Mazaricos reais

Biluricos pativerdes

Pilros comúns



E sen máis, aquí van os resultados:

Castellano / Nombre científico / Galego
Cisne cantor / Cygnus cygnus / Cisne bravo: 1
Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión: 550
Ánade friso / Anas strepera / Pato frisado: 13
Cerceta / Anas crecca / Cerceta: 170
Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco: 685
Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo: 260
Porrón moñudo / Aythya fuligula / Pato cristado: 1
Porrón bastardo / Aythya marila / Pato bastardo - pato caribranco : 1
Serreta mediana / Mergus serrator / Mergo cristado: 3
Colimbo grande / Gavia immer / Mobella grande: 1
Zampullín común / Tachybaptus ruficollis / Mergullón pequeno: 1
Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / Mergullón de pescozo negro - mergullón orelleiro: 20
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño: sen contar
Cormorán moñudo / Phalacrocorax aristotelis / Corvo mariño cristado: 1
Garcilla bueyera / Bubulcus ibis / Garza boieira - garza mediana: 32
Garceta / Egretta garzetta / Garzota: 10
Garza real / Ardea cinerea / Garza real: 13
Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro: 28
Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora: 3
Ostrero / Haematopus ostralegus / Lampareiro (galego local) – gabita: 6
Chorlito Gris / Pluvialis squatarola / Píllara cincenta: 1
Correlimos tridáctilo / Calidris alba / Pilro tridáctilo - pilro bulebule: 1
Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico: 46 (Actualización 26/12/2018: 232 exemplares. Ver actualización)
Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador: 14
Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real: 50
Archibebe común / Tringa totanus / Bilurico patirrubio - bilurico común: 10
Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro: 61
Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas - bilurico bailón: 3
Aguja colinegra / Limosa limosa / Mazarico rabinegro: 36
Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona: sen contar
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura: sen contar
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela: sen contar
Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón: sen contar
Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe - martiño peixeiro: 1



Pilros

Bilurico bailón


Saúdos e ata a próxima.

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario