Para finalizar o ano, deixo nota das miñas últimas
observacións pola Ría de Ribadeo, que veñen a completar o censo de aves
invernantes que fixen a principios de mes (ver). En primeiro lugar, dar conta da presenza dun ollodourado
(porrón osculado / Bucephala clangula), que observei na enseada la Lieira o día
26. Ademais, vin tamén ese día unha femia de eider (Somateria mollisima), que estaba
pousada no tesón. E por alí preto andaba tamén un pentumeiro (negrón común / Melanitta nigra).
A femia de eider sobre o tesón (dereita) e o pentumeiro no mar (esquerda) |
Engado tamén unha especie que non me saíra no censo, como é
o carrán cristado (charrán patinegro / Sterna sandvicensis), dos que vin 3
exemplares. E por último, actualizo o número de pilros comúns (correlimos
comunes / Calidris alpila), que puiden contar mellor estes días, saíndome unha
cifra de 232.
Con isto, como dícía, finalizo as miñas observacións do ano
2018 na ría.
Corvo mariño, gaivotón e gaivota patiamarela. |
Cullereiros |
Rabirrubio |
Saúdos e ata a próxima.
Enrique Sampedro Miranda
No hay comentarios:
Publicar un comentario