|
Zona media da ría, con Ribadeo ó fondo |
Pois aquí van os resultados do meu censo de aves acuáticas invernantes 2020 na ría. As cifras son o resultado de varios días de observacións. Nestes días encontreime tamén cos encargados de elaborar os censos para a Xunta de Galicia e o Principado de Asturias, así coma con outros aficionados á ornitoloxía que viñan pola súa conta. Así, en diferentes xornadas coincidín con xente coma Gustavo Martínez Lamas, Jilberto S. Jardón, Pablo Fernández ou Luis Mario Arce. Como digo sempre, a Ría de Ribadeo debe ser o humidal mellor censado, xa que ademais dos censos das dúas administracións autonómicas, normalmente veñen tamén censar membros da SGHN, nalgúns anos a COA, e nos últimos anos súmase tamén o censo deste blog. Así que entre todos, malo será que se quede algo sen censar, digo eu... En fin, imos cos meus números:
3 |
Gavia immer |
Colimbo Grande |
Mobella grande |
1 |
Tachybaptus
ruficollis |
Zampullín Común |
Mergullón
pequeno |
1 |
Podiceps cristatus |
Somormujo Lavanco |
Mergullón
cristado |
1 |
Podiceps auritus |
Zampullín Cuellirrojo |
Mergullón
real |
15 |
Podiceps nigricollis |
Zampullín Cuellinegro |
Mergullón
de pescozo negro |
40 |
Phalacrocorax carbo |
Cormorán Grande |
Corvo
mariño |
3 |
Phalacrocorax
aristotelis |
Cormorán Moñudo |
Corvo
mariño cristado |
68 |
Bubulcus ibis |
Garcilla Bueyera |
Garza
boieira |
32 |
Egretta garzetta |
Garceta Común |
Garzota |
30 |
Ardea cinerea |
Garza Real |
Garza
real |
25 |
Platalea leucorodia |
Espátula Común |
Cullereiro |
244 |
Anas penelope |
Silbón Europeo |
Pato
asubiador |
16 |
Anas strepera |
Anade Friso |
Pato
frisado |
95 |
Anas crecca |
Cerceta Común |
Cerceta |
512 |
Anas platyrhynchos |
Anade Azulón |
Lavanco |
27 |
Anas acuta |
Anade Rabudo |
Pato
rabilongo |
2 |
Melanitta nigra |
Negrón Común |
Pentumeiro |
18 |
Haematopus ostralegus |
Ostrero Común |
Lampareiro
- gabita |
17 |
Pluvialis squatarola |
Chorlito Gris |
Píllara
cincenta |
75 |
Calidris alpina |
Correlimos Común |
Pilro
común |
3 |
Limosa limosa |
Aguja Colinegra |
Mazarico
rabinegro |
13 |
Numenius phaeopus |
Zarapito Trinador |
Mazarico
chiador |
58 |
Numenius arquata |
Zarapito Real |
Mazarico
real |
7 |
Tringa totanus |
Archibebe Común |
Bilurico
patirrubio |
43 |
Tringa nebularia |
Archibebe Claro |
Bilurico
pativerde |
19 |
Actitis hypoleucos |
Andarríos Chico |
Bilurico
das rochas |
225 |
Chroicocephalus
ridibundus |
Gaviota Reidora |
Gaivota
chorona |
130 |
Larus
fuscus |
Gaviota
Sombría |
Gaivota
escura |
40 |
Larus
michahellis |
Gaviota
Patiamarilla |
Gaivota
patiamarela |
2 |
Larus
marinus |
Gavión |
Gaivotón |
10 |
Sterna
sandvicensis |
Charrán
Patinegro |
Carrán
cristado |
2 |
Circus
aeruginosus |
Aguilucho
Lagunero |
Tartaraña
das xunqueiras |
3 |
Pandion haliaetus |
Águila Pescadora |
Aguia
pescadora |
|
Zona externa da ría |
|
Pena furada e praia de Arnao ó fondo. Zona externa da ría |
Co censo na man, un dos primeiros indicadores nos que nos fixamos sempre é nas anátidas. E este ano os datos son moi chamativos, xa que o descenso no número de exemplares invernantes é considerable. Por exemplo, no caso do pato asubiador (
Anas penelope), falamos de que hai case a metade de exemplares que nos últimos tres anos. Ocorre algo similar coas cercetas (
Anas crecca), ainda que é certo que estas teñen maior variabilidade no noso estuario ó longo dos anos. Pero, sen dúbida, o dato máis chamativo de todo o censo e o do pato rabilongo (
Anas acuta), do que temos a cifra máis baixa desde que existen rexistros, fai mais de corenta anos. E aínda que o descenso da súa poboación invernante é unha tendencia na Ría de Ribadeo, este ano o dato é extraordinariamente baixo. A presenza de tan só 27 exemplares, fronte á media de máis de douscentos da última década, é realmente chamativo. Ainda que hai que dicir que debeu haber un desprazamento de exemplares a outro lugar, xa que a comezos de decembro había 80 exemplares. De tódolos xeitos estes datos van acordes ós de outros humidáis peninsulares, nos que a invernada de anátidas este ano está sendo moi pobre. Coma sempre, os datos dos censos hai que analizados a medio prazo, coa perspectiva de varios anos, para poder sacar conclusións.
Tamén son baixos os números para as limícolas, sendo especialmente destacable a escasa presenza de mazarico rabinegro (
Limosa limosa) acostumados ás cifras dos últimos anos. Do mesmo xeito, o pilro común presenta unha cifra moito máis baixa do habitual. Os mazaricos real e chiador, pola contra, están en cifras similares ó ano pasado, mentres que este ano o que aumentou a súa presenza de xeito destacable foi a píllara cincenta, que fluctúa moito dun ano para outro.
|
Lampareiros - Ostreros |
Para finalizar con esta pequena análise dos datos resaltar, cómo non, a presenza das tres aguias pescadoras invernantes, repetindo así a cifra dos últimos catro anos. Unha especie que, por certo, cumpre 10 anos coma invernante no noso estuario. Tamén destacable a presenza este ano de mergullón real (
Podiceps auritus) e de mergullón cristado (
Podiceps cristatus), especies que chaman a atención na nosa ría.
|
Zona interna da ría |
Para unha próxima entrada deixo as fotos que tiven tempo de sacar estes días entre conteo e conteo.
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza
Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo:
www.riaderibadeo.com