Páginas del blog Ría de Ribadeo

viernes, 30 de septiembre de 2011

El FAPAS contra la Reserva de la Biosfera

Ayer escuché la sorprendente noticia de que el FAPAS planteará ante la UNESCO la revisión de la Reserva de la Biosfera del Río Eo, Oscos e Terras de Burón. En primer lugar, lamento profundamente esta decisión, que me parece fuera de lugar y que va en contra tanto de los intereses de la reserva como de los valores que el FAPAS dice defender. No entiendo cómo una organización de este tipo puede plantear similar propuesta, y creo sinceramente que es una pataleta sin ningún sentido, y ahora explico el porqué. Todo esto llega además justo unos días después de que por fin los gobiernos gallego y asturiano se reuniesen para poner por fin sobre la mesa la creación del tan necesario órgano gestor de la reserva (http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=936317).

Como sabréis los seguidores de este blog, a principios de año el FAPAS anilló el águila pescadora invernante en la Ría de Ribadeo y le colocó un transmisor temporal para su seguimiento científico. La noticia de la presencia del águila en la ría les llegó precisamente de este blog, que comunicó la cita también a otras organizaciones como la Sociedade Galega de Ornitoloxía. La acción del FAPAS de anillar al águila suscitó una agria polémica, aunque desde este blog dí mi opinión de que capturar un ave para su anillamiento no constituía ningún delito, sino que es una práctica científica que ayuda al conocimiento de las aves, y que está totalmente extendida y es realizada por todas las organizaciones conservacionistas. 

Ahora bien, en donde sí podía haber delito, a juicio de algunos denunciantes y de la Xunta de Galicia, fue en el hecho de capturar al ave en territorio gallego sin el correspondiente permiso de la Xunta. Según esta parte, el ave se capturó en la zona gallega de la ría, cuando sólo se tenía permiso para actuar en territorio asturiano. Este hecho fue sancionado por la Xunta de Galicia, lo que ha iniciado una batalla entre el FAPAS y la Xunta, que ahora comienza a derivar hacia lo grotesco. Me parece lícito que el FAPAS defienda su actuación, algo a lo que todos tenemos derecho. Pero si de lo que le acusan es de la falta de un permiso, deben litigar en ese sentido, y no amenazando con ir en contra de la reserva de la biosfera, como ahora hacen. Como decía al principio, me parece lamentable esta actitud. También la de intentar crear una confrontación Galicia/Asturias como se vislumbra en algunas anteriores notas de presa suyas, que daban a entender que desde Galicia se pretende boicotear la actividad de los ecologistas asturianos. Triste argumento cuando no hace falta recordar que es dentro de Asturias precisamente en donde el FAPAS tiene una mayor oposición por parte de otras organizaciones ecologistas.

En fin, esperemos que esta propuesta de ir contra la reserva de la biosfera no pase de una mera pataleta, y que la UNESCO trate este planteamiento como se merece, ignorándolo.

Esta es la noticia tal y como la recogía ayer la emisora local de la cadena COPE:

Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

domingo, 18 de septiembre de 2011

Paso de limícolas

A pasada fin de semana era notable a presencia de limícolas en paso na ría. O sábado (10 de setembro) saín coa cámara e o telescopio nun espléndido día para observar aves., e puiden tirar algunhas fotos.

Mazaricos rabinegros

Coa marea chea, as aves concéntranse no Muro de Lamas, o que o converte nun dos mellores lugares para ver aves da ría.

Muro de Lamas

E este día en concreto, como digo, a meteoroloxía e a gran presenza de limícolas era todo un espectáculo. Mazaricos, pilros, píllaras, garzas... unha morea de paxaros que se deixaban ver tranquilamente neste punto.

Mazaricos reais

Biluricos claros
Esta é a relación de especies identificadas, coma sempre, cos nomes en castelán, científico e galego:

zarapito real / numenius arquata / mazarico real
aguja colinegra / limosa limosa / mazarico rabinegro
archibebe claro / tringa nebularia / bilurico pativerde - bilurico claro
chorlitejo grande / charadrius hiaticula / píllara real
correlimos común / calidris alpina / pilro común - pilro curlibico
vuelvepiedras / arenaria interpres / virapedras - píllara riscada
correlimos común / calidris alpina / pilro común - pilro curlibico
vuelvepiedras / arenaria interpres / virapedras - píllara riscada
garceta / egretta garzetta / garzota
garza real / ardea cinerea / garza real


Mazaricos reais
Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com



miércoles, 7 de septiembre de 2011

Enésimo recheo na ría de Ribadeo

O diario El Progreso recollía onte a nova do comezo inminente das obras dun novo recheo na ría. Nesta ocasión, para ampliar a superficie do porto comercial de Mirasol, en Ribadeo. Trátase de prolongar, según di a nova, uns 10 metros o actual dique de Mirasol. É o enésimo recheo da ría, que pouco a pouco, e case sen darnos conta, imos perdendo tal e como era fai anos. Coma case sempre, os intereses económicos dunha minoría impóñense sobre o interese da maioría, e un espazo natural como a ría de Ribadeo, que debería de ser patrimonio de todos, está a ser alterado para o aproveitamento comercial dunha minoría. Non quero parecer vehemente, e recoñecendo que se debe atopar un equilibrio entre a conservación da natureza e o desenrolo (o tan manido "desenrolo sostible"), considero que no caso da ría de Ribadeo case sempre se opta polo "desenrolo", sen ter en conta o "sostible".

Pero non é só unha opinión persoal, que tamén, senon que hai datos que así o ratifican. Por iso recomendo ler con atención o artigo completo de El Progreso, no que ademáis da nova se expoñen as opinións de varios expertos na materia coma a de Manuel Monge, xeólogo da Universidade do Pais Vasco, e técnico da Reserva da Biosfera de Urdaibai, que estivo en Ribadeo recentemente nunhas xornadas da reserva da biosfera. Aquí está o artigo dispoñible:

Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: http://ria-de-ribadeo.blogspot.com

jueves, 1 de septiembre de 2011

Propostas para o futuro destino da fábrica de algas

Estos días volve a ser noticia a antiga fábrica de algas da Vilavella, que como xa se ten comentado neste blog en varias ocasións, está sendo restaurada xunto coas obras de construcción dunha senda pola beira da Ría de Ribadeo. A actualidade nesta ocasión ven dada por ser os dous partidos da oposición no concello de Ribadeo os que acaban da facer públicas as súas propostas para o futuro uso destas instalacións, ante o próximo remate das obras e a entrega das mesmas ó concello.

Estado das obras ó comezo do verán

O primeiro en facer pública a súa proposta nos medios foi o Partido Popular de Ribadeo, quen opta por facer destas instalacións a sede permanente do futuro organismo xestor da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Xunto con este uso, engade ademáis o de que se convirta nun centro de interpretación da ría. E unhas horas despois era o PSdG-PSOE local o que expoñía a súa idea, inclinándose neste caso en que se aproveite esta edificación para instalar un museo centrado en temas marítimos e navais.

A través deste blog expuxen xa en varias ocasións a oportunidade que con estas instalacións se lle presentaba a Ribadeo para poder dispor dun centro de interpretación da natureza como a ría e a vila de Ribadeo se merecen. E unha vez máis, gustaríame romper unha lanza aquí a prol desta utilización. Ainda que a priori a proposta do PP é a que máis se asemella á que aquí se ven defendendo, polo cal a apoio públicamente, calquera das dúas propostas serían perfectamente compatibles con este uso. E do mesmo xeito que digo que estas propostas dos dous partidos da oposición son positivas, tamén recordo que fai meses tiven a oportunidade de expoñerlle persoalmente as miñas ideas ó concellal de medio ambiente do concello de Ribadeo, quen se mostrou receptivo e interesado nesta idea. Así pois, quero deixar clara a miña independencia política en todo momento, e si estou a falar aquí de partidos políticos, é porque o asunto así o require, e porque como digo está de actualidade política.

Dito isto, paso a repetir algúns dos argumentos que utilicei noutras ocasións cando escribín sobre a idoneidade de establecer na antiga fábrica de algas un centro de interpretación da ría de Ribadeo.

En primeiro lugar, a ría de Ribadeo carece dun centro de interpretación como se merece un humidal da súa importancia. E digo isto, porque os dous centros que existen na actualidade non teñen os recursos que este espazo natural require. Así, a "Casa da Ría" do monte de Santa Cruz, é un centro moi modesto e cunhas instalacións obsoletas, que non teñen nada que ver cos modernos centros de interpretación de hoxe en día. Pola súa banda, o denominado "Centro de Interpretación" da ría que hai en Castropol, non é realmente tal, como calquera que o visite pode ver e como alí mesmo aclaran ós que se esperan atopar outra cousa. Trátase máis ben dun punto de información turística con algunhas indicacións sobre a ría, pero moi lonxe de ser un centro de interpretación dun espazo natural coma este. Lembremos algunhas das figuras de protección coas que está distinguida a ría, como son: LIC-ZEPA da Ría de Ribadeo, segundo a directiva Habitat da Unión Europea; Humidal de Importancia Internacional segundo o convenio Ramsar; Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Humidal Protexido segundo a rede galega de espacios naturais; ou Reserva Natural Parcial segundo o Plan de Ordenación de los Recursos Naturales de Asturias.

Ubicación das instalacións, na enseada da Vilavella

Así pois, Ribadeo non debería deixar pasar a oportunidade de ter un centro de interpertación da ría, aproveitando a inmellorable situación na que está a antiga fábrica de algas para poder ser utilizada con este propósito. Este tipo de centros actúan como centros de recepción de visitantes e poñen en valor os espazos naturais nos que están ubicados. Ademáis de dinamizar as localidades nas que se ubican, supoñen un pulo para o turismo ornitolóxico e de natureza, axudando tamén a crear unha conciencia ambiental que acaba revertendo no propio espazo natural, xa que, canto máis se coñeza, máis se conservará e máis atractivo será. Isto podería combinarse no mesmo centro cunhas instalacións adicadas ó conxunto da Reserva da Biosfera, a un museo etnográfico marítimo, ou a outras interesantes opcións.

O beneficio que centros deste tipo teñen para as poboacións e para os espazos naturais son moi coñecidos e variados, e vaian como exemplo os casos de Villafáfila en Zamora, Fuentes de la Nava en Palencia, Gallocanta en Zaragoza ou o máis próximo das lagoas de Cospeito na nosa propia provincia. Con centros deste tipo conséguese que o lugar sexa visitado non só por aficionados á ornitoloxía, senon tamén por todo tipo de persoas, que unha vez informadas no centro de interpretación, mostran moito máis interese por visitalo e por respetar o seu entorno. E esta sería precisamente a outra gran función dunha entidade así, a súa función educativa. Unha vez funcionando o centro, pode ser visitado por colexios, asociacións, etc., nos que se sementaría o xerme da educación ambiental.

Queda pois exposto unha vez máis o meu interese en que os amantes da natureza, os aficionados á ornitoloxía, e os ribadenses en xeral poidamos contar algún día cun centro de interpretación da ría, semellante ó doutros espacios naturais e outras poboacións non máis importantes ca Ribadeo

Imágenes y texto propiedad de:
Enrique Sampedro Miranda