Deixo nota das especies observadas o domingo 25 de setembro. Pola mañá achegueime ata Penarronda e Villadún. En Penarrónda subín á ermita de San Lorenzo, desde onde hai unha boa panorámica da praia. Desde aquí preto tamén se ven as illas Pantorgas, onde cría o corvo mariño cristado.
Estiven un rato observando aves mariñas como mazcatos, os citados corvos mariños (cristados e grandes), gaivotas, un par de pilros tridáctilos e, xa na praia, unha garza real acompañada dun lavanco.
En Villadún, o máis destacado era a presenza dun enorme bando de garzas boieiras nun prado xunto a un rebaño de vacas. Contei sobre unhas corenta (garzas, non vacas...).
Estiven tamén no recentemente instalado observatorio da pequena lagoa de Villadún. Pero dado o seu estado actual, por mor da prolongada seca que levamos, e que a vexetación cubriu prácticamente toda a súa contorna, desde o observatorio non se ve absolutamente nada.
Xa pola tarde, volvín sair, esta vez dar a volta á ría. En Salías, cunha forte preamar, gocei cos pequenos limícolas que se alimentaban na beira. Tamén andaban por alí un picapeixe e unha carriza dos xuncos.
Como podedes ver, había varias píllaras reais. Pero o número máis grande vino preto do Muro de Lamas, onde había un enorme bando sedimentado nunha beira da Xunqueira. Contei uns 60 exemplares. O maior número para esta especie que teño visto xamais na ría.
Tamén había mazaricos reais, uns 25, e gran número de lavancos (sobre 200 contei en toda a ría).
E por último, mencionar que vin dúas aguias pescadoras. Unha no niño artificial da Xunqueira, e a outra nuns paus no medio da ría. E por mais que busquei por tódolos pousadoiros, non vin ningunha outra. Pero máis tarde, falando con Carlos Sanjurjo, contoume que él tiña tres localizadas eses días.
Aquí vai o listado de especies observadas:
Castellano
/ Nombre científico / Galego |
Ánade silbón / Mareca penelope /
Asubiado |
Ánade real / Anas platyrhynchos /
Lavanco |
Ánade azulón / Anas platyrhynchos /
Lavanco |
Alcatraz / Morus bassanus / Mascato |
Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo
mariño |
Cormorán moñudo / Phalacrocorax
aristotelis / Corvo mariño cristado |
Garcilla bueyera / Bubulcus ibis / Garza
boieira |
Garceta / Egretta garzetta / Garzota |
Garza real / Ardea cinerea / Garza real |
Espátula / Platalea leucorodia /
Cullereiro |
Aguilucho lagunero / Circus aeruginosus
/ Tartaraña das xunqueiras |
Ratonero / Buteo buteo / Miñato |
Águila pescadora / Pandion haliaetus /
Aguia pescadora |
Chorlitejo grande / Charadrius hiaticula
/ Píllara real |
Correlimos tridáctilo / Calidris alba /
Pilro tridáctilo |
Correlimos común / Calidris alpina /
Pilro comú |
Zarapito real / Numenius arquata /
Mazarico real |
Andarríos chico / Actitis hypoleucos /
Bilurico das rochas |
Gaviota reidora / Chroicocephalus
ridibundus / Gaivota chorona |
Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota
escura |
Gaviota patiamarilla / Larus michahellis
/ Gaivota patiamarela |
Martín pescador / Alcedo atthis /
Picapeixe - martiño peixeiro |
Golondrina / Hirundo rustica / Andoriña
- anduriña |
Tarabilla norteña / Saxicola rubetra /
Chasco norteño |
Collalba gris / Oenanthe oenanthe /
Pedreiro cincento |
Buitrón / Cisticola juncidis / Carriza
dos xuncos |
Estornino negro / Sturnus unicolor /
Estorniño negro |
Gorrión / Passer domesticus / Pardal |
Jilguero / Carduelis carduelis / Xílgaro |
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza
Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo:
www.riaderibadeo.com